Un peixe no parqué é ficción cosida coa vida cotiá, que non esquece as contradicións, silencios e esgazamentos da condición humana; ficción na que resoan os ecos deses golpes que o paso do tempo dá no rostro e no corazón ao decatarnos de que todo cambia.
Partilla este libro
Sinopse
Un peixe no parqué é un atlas de vidas en combustión, de faíscas acesas debaixo da borralla.
A medio camiño entre a novela e o libro de relatos, Ramón Vilar Landeira ofrécenos unha narración ateigada de ironía e humor, que trata das parellas que os sábados cean sushi diante da televisión; das pintadas máis insidiosas no váter da facultade; da xente que guinda preservativos dende os seus autos; do olor a naftalina na entreperna; dos camións que veñen de fronte pola estrada comarcal; da funcionalidade das casas prefabricadas; das clases medias e de Le Monde diplomatique; e, sobre todo, dos flashes dos teléfonos móbiles.
Un peixe no parqué é ficción cosida coa vida cotiá, que non esquece as contradicións, silencios e esgazamentos da condición humana; ficción na que resoan os ecos deses golpes que o paso do tempo dá no rostro e no corazón ao decatarnos de que todo cambia.
Colección
Narrativa
Código
1331445
I.S.B.N.
978-84-9121-549-3
Publicación
13/06/2019
Clasificación IBIC
FA
Formato
Papel
Páxinas
104
Tamaño
23 x 15.5 cm
Colección
Narrativa
Código
1378300
I.S.B.N.
978-84-9121-553-0
Publicación
13/06/2019
Clasificación IBIC
FA
Formato
ePub
Autor
Ramón Vilar Landeira
RAMÓN VILAR LANDEIRA (Rodís, Cerceda, 1973), licenciado en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela, leva a maior parte da súa vida laboral vinculado
ao mundo do xornalismo. Traballou como redactor en La Voz de Galicia e Faro de Vigo e dirixiu o diario dixital Vieiros. Na actualidade coordina proxectos relacionados coa comunicación, a cultura e o mundo educativo. Publicou o libro de relatos "Os televisores estrábicos" (Xerais 2014) e "Un peixe no parqué" (Xerais 2019). Foto autor: Pablo Quinteiro