O 27 de outubro de 2016 Antón Reixa sufre un complicado accidente de tráfico durante unha viaxe a Madrid: fractura aberta de tibia e peroné, fractura de calcáneo, vértebra L2, máis dunha ducia de costelas rotas e contusión pulmonar que pode provocar colapso respiratorio e remata nun coma inducido durante 18 días. Dese accidente naceu este libro, escrito durante a súa convalecencia, nas horas de dor, frío e pobreza enerxética televisada do inverno de 2017.
Partilla este libro
Sinopse
O 27 de outubro de 2016 Antón Reixa sufre un complicado accidente de tráfico durante unha viaxe a Madrid: fractura aberta de tibia e peroné, fractura de calcáneo, vértebra L2, máis dunha ducia de costelas rotas e contusión pulmonar que pode provocar colapso respiratorio e remata nun coma inducido durante 18 días. Dese accidente naceu este libro, escrito durante a súa convalecencia, nas horas de dor, frío e pobreza enerxética televisada do inverno de 2017. Esta é a crónica de 18 días en coma, 10 meses de melancolía paralímpica e unha vida posthumana. Michigan / Acaso Michigan é libro abraiante, rescatado das fendas máis profundas e incontrolables do cerebro do ser humano e das súas posibilidades creativas. Prologado por Chus Pato e con textos epistolares finais de Daniel Salgado, esta é unha fascinante historia sobre os límites.
Existe un vídeo dispoñible en YouTube ao que se pode acceder directamente a través desta ligazón: https://www.youtube.com/watch?v=tnftv63SGbo&feature=youtu.be
Colección
ALTERNATIVAS
Código
1354079
I.S.B.N.
978-84-9121-434-2
Publicación
11/10/2018
Clasificación IBIC
BM
Formato
Papel
Páxinas
128
Tamaño
25.5 x 16.5 cm
Autor
Antón Reixa
Antón Reixa (Vigo, 1957) é escritor, músico e cineasta. A súa obra literaria comezou na poesía para, sen abandonar nunca a escrita, continuar por campos creativos e de comunicación tan diferentes coma o rock and roll, a videoarte, a performance, o teatro, a radio, a televisión ou o cinema. En todos estes ámbitos -e empregando como principais ferramentas o humor, a ironía crítica e a vontade de intervención social-, logrou abrir novos camiños nos que a cerna expresiva da cultura popular dialoga de forma inédita coa sociedade do espectáculo. É sempre, mantendo Galicia como referente central arredor do que xira toda a súa variada produción, co propósito de crear un novo espazo simbólico dende o que repensar o país.
Como poeta publicou As ladillas do travesti (1979), Historia do rock and roll (1985), Ringo Rango (Xerais, 1992), Viva Galicia Beibe (1994, Xerais, 2016), Escarnio (1999), Látego de algas (2008), Leccións de cousas (2011) e Algo raro pasa raro (2015). Xerais publicou en 2012 o seu libro de conversas con Xosé Cid Cabido e Manuel Xestoso co título Antón Reixa. Ghicho distinto.