As estacións do lobo
MarÃa Reimóndez (Autor/a)
EDICIÓN LITERARIA>NARRATIVA
2ª Edición
É inverno, a neve cae sobre Múnic e Clara atópase perdida. Sen comprender moi ben como, errou o camiño que a levaba a converterse nunha brillante adestradora canina no seu Lugo natal e rematou alá, nun banco conxelado do Englischer Garten. Todo por aquilo que a xente denominaba «amor». Mais, que era o amor a fin de contas? Era aquilo que estaba vivindo ou a posibilidade de algo diferente? Desde a domesticación ata a liberación salvaxe, Clara tentará, facendo o camiño inverso do can ao lobo, reconstruÃrse para reconstruÃr o mundo que a rodea. Un proceso no que non avanzará soa: Gaia, MK, Aurora, SaÃnza e unha morea de cans marcarán un camiño no que amar non consista nos soños que nos venden e se centre en desatar o salvaxe; en atopar a manda. Esta nova entrega do Ciclo dos elementos explora os lÃmites do amor, do arraigamento e da nosa capacidade para crear mandas que nos protexan no dÃa a dÃa dos afectos.