Cun comezo fascinante e unha enorme capacidade evocadora, O mar que nos leva a unha novela que nos arrastra, da man dunha muller chamada María, pola memoria persoal, política e social das loitas obreiras do Vigo de 1972, dos movementos estudantes do ano 68 en Compostela e da emigración a Bos Aires dos anos 30.
Partilla este libro
Sinopse
Cun comezo fascinante e unha enorme capacidade evocadora, O mar que nos leva é unha novela que nos arrastra, da man dunha muller chamada Mariña, pola memoria persoal, política e social das loitas obreiras do Vigo de 1972, dos movementos estudantís do ano 68 en Compostela e da emigración a Bos Aires dos anos 30. Esta é unha novela narrada con enorme detallismo e minuciosidade na descrición de atmosferas, espazos e territorios físicos e emocionais, que fai gala dun rexistro lingüístico brillante. Nun momento crítico da súa vida, Mariña Brei percorre o seu pasado e o da súa familia, desde Mens a Pontevedra, dándolle forma a unha novela espléndida, ateigada de referencias literarias e políticas, de conflitos persoais, que envolve aos lectores e lectoras nun remuíño de sensacións e intensas vivencias.
Colección
Narrativa
Código
1331435
I.S.B.N.
978-84-9121-451-9
Publicación
08/11/2018
Clasificación IBIC
FA
Formato
Papel
Páxinas
160
Tamaño
22 x 14.5 cm
Colección
Narrativa
Código
1378291
I.S.B.N.
978-84-9121-455-7
Publicación
08/11/2018
Clasificación IBIC
FA
Formato
ePub
Autor
Moncha Fuentes
Moncha Fuentes (Marín, 1952) é licenciada en Filoloxía Románica e reside en Vigo, onde exerceu a docencia no IES Santa Irene. Tradutora e colaboradora en obras colectivas e revistas de divulgación, coma os «Cadernos Ramón Piñeiro» ou «A Trabe de Ouro». Ten publicadas as novelas «O mar que nos leva» (Xerais, 2019), Premio da Crítica Galega (Creación), e «O tradutor de sombras» (Xerais, 2022).