Lapis na noite
Un libro que quere pasar a man por algunhas das cicatrices máis recentes da memoria de Galicia e Arxentina para percorrer épocas convulsas en que as ditaduras aniquilan as ilusións de liberdade, aquén e alén do océano.
Un libro que quere pasar a man por algunhas das cicatrices máis recentes da memoria de Galicia e Arxentina para percorrer épocas convulsas en que as ditaduras aniquilan as ilusións de liberdade, aquén e alén do océano.
"Lapis na noite" bebe no pozo da memoria de Galicia e Arxentina para percorrer épocas convulsas en que as ditaduras aniquilan as ilusións de liberdade, aquén e alén do océano. Achégase ás vivencias do exilio, revela as descubertas que supón o descoñecido e afonda no esgazamento interior que xera mergullarse nunha nova identidade. Ao tempo, focaliza a atención nas vidas e familias truncadas polo franquismo e, sobre todo, naquelas que protagonizou unha mocidade combativa e esperanzada que, por acreditar nun mundo mellor, caeu nas gadoupas da maquinaria represiva da ditadura cívico-militar arxentina (1976-1983). Porque a memoria do que os lapis escribiron nunha noite indigna segue viva e aínda nos ilumina, é este un libro que quere pasar a man por algunhas das cicatrices máis recentes dunha historia pola que circulan numerosos ríos subterráneos que, ao saíren á superficie, amosan un caudal conformado por pequenos e grandes exemplos de heroísmo, amor e resistencia.
Colección
Narrativa
Código
1331429
I.S.B.N.
978-84-9121-399-4
Publicación
07/06/2018
Clasificación IBIC
FA
Formato
Papel
Páxinas
192
Tamaño
22 x 14.5 cm
Colección
Narrativa
Código
1378279
I.S.B.N.
978-84-9121-374-1
Publicación
14/06/2018
Clasificación IBIC
FA
Formato
ePub