O presente volume relata a traxectoria biográfica de María Victoria Moreno, a autora homenaxeada co Día das Letras Galegas 2018, e percorre o seu labor pioneiro no arrinque e asentamento da literatura infantil e xuvenil.
Partilla este libro
Sinopse
O presente volume relata a traxectoria biográfica de María Victoria Moreno, a autora homenaxeada co Día das Letras Galegas 2018, e percorre o seu labor pioneiro no arrinque e asentamento da literatura infantil e xuvenil. Nas súas obras introduciu valores universais e intemporais, ademais de amosar o seu talento para a creación de historias e personaxes aos que retrata poñéndose na súa pel, esculcando no seu interior e plasmando as súas inquedanzas ao se ter que enfrontar á madureza. Galega de feito e de corazón, falante comprometida dunha lingua aldraxada, escritora que elixiu orientar a súa carreira a se comunicar cos máis novos a través da docencia e a literatura, profesora feliz de selo, mestra de mestres, tradutora, libreira, ensaísta e conferenciante, sementadora de futuro que soñou un mundo mellor para os que veñen detrás...
"María Victoria Moreno. Sementadora de futuro", de Isabel Soto e Xavier Senín, é o volume de referencia sobre a protagonista desta biografía, cuxo nome, obra e activismo merecen ser divulgados e recoñecidos.
Colección
CRÓNICA
Código
1345157
I.S.B.N.
978-84-9121-335-2
Publicación
12/04/2018
Clasificación IBIC
BGL
Formato
Papel
Páxinas
160
Tamaño
22 x 14.5 cm
Autor
Mª Isabel Soto López
Isabel Soto comezou o seu labor profesional como investigadora no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, onde participou en proxectos relacionados coa literatura galega e a teoría da literatura. Alén da súa actividade como crítica literaria en diferentes medios, foi secretaria de "Golfiño" e GÁLIX, colaborou na "Historia da Literatura Infantil e Xuvenil Galega" (Xerais, 2015) e editou os ensaios de Agustín Fernández Paz nos volumes "O rastro que deixamos" (Xerais, 2012) e "Un mundo de palabras" (Xerais, 2017). Na actualidade, dedícase sobre todo á tradución -en ocasións, canda Xavier Senín-, á edición e á divulgación da LIX. É coautora do libro "María Victoria Moreno. Sementadora de futuro" (Xerais 2018).
Xavier Senín, ademais de catedrático de bacharelato na materia de Francés, colaborou na formación do profesorado de primaria e secundaria impartindo cursos de perfeccionamento e especialidade en lingua galega. De 1987 a 2005 traballou na Administración autonómica como subdirector xeral do libro e promoción cultural. Presidiu OEPLI durante tres anos e foi redactor responsable da edición en galego do Correo da Unesco de 1989 a 2001. Traballou de corrector e coordinou libros de texto para Galaxia e Ediciones SM. Foi presidente da Asociación de Tradutores Galegos e segue a traducir sobre todo do francés. É coautor do libro "María Victoria Moreno. Sementadora de futuro" (Xerais 2018).