A crueldade de abril
Diego Ameixeiras (Autor/a)
EDICIÓN LITERARIA>NARRATIVA
2ª Edición
Un incendio nunha casa abandonada. Dous cadáveres. Un home e unha muller sen teito que se refuxiaban na vivenda. Pero a conmoción dura o mesmo ca portada dun xornal. O suceso, un de tantos titulares, cae axiña no esquecemento. Ninguén se concentrará nunha praza pola parella. Ninguén se indignará nun programa de televisión. Ninguén apelará ás nosas conciencias nas redes sociais. Eses mortos, simple estatÃstica, descansarán baixo a alfombra da nosa mesquindade.Unha novela escura e opresiva, escrita cun desacougante lirismo, sobre a miseria moral que habita en nós. Un rexistro turbador da violencia contemporánea, na súa representación máis sórdida e brutal, sen fuxir dos ángulos en sombra dunha realidade desalentadora. Unha inspección precisa da ignominia en curso dos nosos dÃas, relatada sen apartar os ollos do horror. Un relato atravesado por unha estraña e clarividente poesÃa da crueldade. Os protagonistas coñecen o abismo. Non hai aquà espazo para a esperanza. Só para unha historia salvaxe.