Recén chegados

Retorno

Retorno

Retorno

María Reimóndez

Sonora

Sonora

Sonora

Chus Pato

Narrativa e imaxinario nacional

Autor/a : Mario Regueira

Mario Regueira aborda o período da posguerra desde unha perspectiva nova, capaz de recoller algunhas das achegas máis innovadoras do ámbito dos Estudos Galegos acompañándoas dunha visión de conxunto que non teme problematizar moitos dos aspectos tratados, rachando con certas inercias estruturais da historiografía literaria propia.

Partilla este libro

Sinopse

A reconstitución do campo cultural galego tras o enorme impacto da Guerra Civil presenta unha serie de circunstancias específicas que sempre a diferenciaron das experiencias doutras realidades nacionais, tanto nos efectos inmediatos da represión franquista como na estratexia de oposición desenvolvida no medio e longo prazo. O estudo que presenta Mario Regueira aborda o período da primeira posguerra desde unha perspectiva nova, capaz de recoller algunhas das achegas máis innovadoras do ámbito dos Estudos Galegos acompañándoas dunha visión de conxunto que non teme problematizar moitos dos aspectos tratados, rachando con certas inercias estruturais da historiografía literaria propia. Desta forma, a pesar do foco inicial no desenvolvemento da narrativa, a proposta do autor aborda a relación desta con outras producións, sinaladamente as de tipo ideolóxico, abordando a reconstitución dun campo literario galego e o papel normativo que neste proceso tomou a editorial Galaxia. Desde a conquista das institucións até a configuración dun marco ideolóxico, filosófico e historiográfico que predeterminou unha idea concreta do país e da súa literatura, Mario Regueira explora tamén os espazos de sombra que esas estratexias deixaron: as discrepancias co exilio, a ruptura das novas xeracións de autores, a débeda con filosofías de corte esencialista ou o papel de mediación que o proxecto culturalista chega a representar fronte á ditadura e algúns sectores do franquismo como características deste primeiro período da editorial.

  • Colección

    Xerais Universitaria

  • Código

    1327153

  • I.S.B.N.

    978-84-9121-634-6

  • Publicación

    23/01/2020

  • Clasificación IBIC

    DSB

  • Formato

    Papel

  • Páxinas

    352

  • Tamaño

    24 x 17 cm

  • Colección

    Ensaio

  • Código

    1378622

  • I.S.B.N.

    978-84-9121-616-2

  • Publicación

    16/01/2020

  • Clasificación IBIC

    DSB

  • Formato

    ePub

Libros de Mario Regueira

POESÍA

O silencio

O silencio

Narrativa

L'affiche rouge

L'affiche rouge

Sobre a colección Xerais Universitaria