Recén chegados

Retorno

Retorno

Retorno

María Reimóndez

Sonora

Sonora

Sonora

Chus Pato

Introdución ás relatividades de Einstein

Autor/a : Ramón Vilalta López

Neste libro preséntanse, evitando os formalismos matemáticos propios, os modelos que, ao longo da historia, construímos como resposta á ampliación das nosas escalas de observación, así como diversos feitos que requirían explicación.

Partilla este libro

Sinopse

É posíbel viaxar no tempo? Podemos ordenar absolutamente todo o que observamos nun pasado, presente e futuro? En ciencia, empregamos teorías e modelos para explicar os feitos observados e as leis científicas que obtemos da experimentación. No libro preséntanse, evitando os formalismos matemáticos propios, os modelos que, ao longo da historia, construímos como resposta á ampliación das nosas escalas de observación, así como diversos feitos que requirían explicación. Einstein tivo un papel protagonista nas dúas últimas teorías; a que hoxe coñecemos como «relatividade restrinxida» ten condicións de uso concretas e el mesmo, unha década máis tarde, ampliou o marco cunha teoría xeral. Atendendo a certos requirimentos (aquí xógase coa idea da 'vaca esférica'), podemos empregar un modelo ou outro máis afinado; pero é evidente que estas relatividades supoñen un fondo cambio na nosa comprensión de conceptos básicos como, por exemplo, «o fluír do tempo». A relatividade xeral explica, ademais, como funciona a gravitación e, sen esquecer o cuántico, é base da Cosmoloxía moderna e inicio da que podería ser, no futuro, unha nova teoría (gravidade cuántica, supercordas?).

  • Colección

    Básicos ciencia

  • Código

    1327504

  • I.S.B.N.

    978-84-9121-371-0

  • Publicación

    17/05/2018

  • Clasificación IBIC

    PDZ

  • Formato

    Papel

  • Páxinas

    144

  • Tamaño

    20 x 13 cm

  • Colección

    Ensaio

  • Código

    1378821

  • I.S.B.N.

    978-84-1110-223-0

  • Publicación

    10/11/2022

  • Clasificación IBIC

    PDZ

  • Formato

    ePub

Sobre a colección Básicos ciencia