MarÃa Victoria Moreno. A muller que durmÃa pouco e soñaba moito
Marilar Aleixandre (Autor/a)
Fina Casalderrey (Autor/a)
INFANTIL E XUVENIL>MERLÃN>De 11 anos en diante
Este libro é un acto de cariño, no que Fina Casalderrey e Marilar Aleixandre ofrecen un fermoso retrato de MarÃa Victoria Moreno, a escritora, á que está dedicado o 17 de maio de 2018. Iniciada polo relato apaixonante do que sucedÃa na librarÃa Xuntanza de Pontevedra, da que era socia MarÃa Victoria, esta biografÃa segue o fÃo da vida da autora, dende os seus anos difÃciles de infancia e formación, até a súa chegada en 1963, a Galicia, onde exerceu como profesora de lingua e literatura. Un relato no que están presentes, a súa paixón polo ensino e polos animais, reflectida en boa parte das súas obras, a súa capacidade para meterse na pel dos personaxes dos libros propios e alleos, até a valente actitude coa que enfrontou o cancro. Un libro, nacido do cariño e admiración por MarÃa Victoria, que reconstrúe con emoción toda unha vida de novela dedicada ao amor aos libros e a comunicar o pracer pola lectura en galego, lingua coa que mantivo unha historia de amor.