"Un home estraño" é a segunda entrega da serie, iniciada por "A antesala luminosa" e protagonizada polo policía Xosé Sánchez Pereiro, que, en clave de xénero negro aínda que, esta vez, excepcionalmente, a modo de precuela, cun apéndice insólito e formato de novela curta, pretende abordar, dende distintas perspectivas, o tema catalizador da enfermidade mental.
Partilla este libro
Sinopse
O inspector de segunda, Xosé Sánchez Pereiro, enfróntase ao primeiro caso importante da súa carreira: o crime de Manuel Ferro Filgueira, un arquitecto que traballa no Concello da Coruña, presidido entón por Domingos Merino. Mentres tanto, a xornalista Ledicia Muruzábal, despois de entrevistar o presidente do Partido Galeguista, Avelino Pousa Antelo, está a punto de atropelar un home estraño, unha figura extravagante que aparece de súpeto no medio da calzada e que axiña esperta a súa curiosidade.
Ambientada na Galicia preautonómica de 1980, "Un home estraño" é unha novela que pretende contribuír ao coñecemento de toda unha época, a chamada Transición, a partir dunha tripla indagación identitaria: a do verdadeiro rostro que se esconde tras o poder, a investigación sobre unha determinada concepción da loucura (a máis romántica de todas, como parte do conflito inevitábel entre a identidade individual e a colectiva) e a pescuda sobre a natureza esencial dun pobo que loita pola súa diferenciación nun clima de grandes esperanzas pero, tamén, de moitas doses de inxenuidade.
"Un home estraño" é a segunda entrega da serie, iniciada por "A antesala luminosa" e protagonizada polo policía Xosé Sánchez Pereiro, que, en clave de xénero negro aínda que, esta vez, excepcionalmente, a modo de precuela, cun apéndice insólito e formato de novela, pretende abordar, dende distintas perspectivas, o tema catalizador da enfermidade mental.
Colección
Narrativa
Código
1331423
I.S.B.N.
978-84-9121-336-9
Publicación
12/04/2018
Clasificación IBIC
FF
Formato
Papel
Páxinas
208
Tamaño
22 x 14 cm
Colección
Narrativa
Código
1378277
I.S.B.N.
978-84-9121-337-6
Publicación
12/04/2018
Clasificación IBIC
FF
Formato
ePub
Autor
Antonio Tizón
Antonio Tizón Barral (Aranga, A Coruña, 1960) é licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid, e traballou como xornalista e profesor nas Escolas de Arte e Superiores de Deseño de Ourense, Santiago e A Coruña. En 1996 publicou un libro de relatos, "In medias res", e o poemario "Ritmos". A partir de 2015, coa novela "A antesala luminosa", comezou a publicar en Xerais unha serie que ten como protagonista principal o policía Xosé Sánchez Pereiro, e que, en clave de xénero negro, pretende abordar, dende distintas perspectivas, o tema da loucura. A esa serie pertencen tamén as novelas "Un home estraño" (Xerais, 2018), Premio Cidade Centenaria de Ribeira, "Os incurábeis" (Xerais 2020) e "Lobos doentes" (Xerais 2023) . Como poeta publicou "Non hai espellos nos manicomios" (2019) nun proxecto multimedia sobre saúde mental que se pode ler na web www.nonhaiespellosnosmanicomios.org. Tamén foi galardoado no V Certamen Internacional de Relatos Cortos sobre Discapacidad con "Descifrando el significado", cunha edición a cargo do centro hospitalario Benito Menni.