"Long Play" soa coma unha poesía incitada polas persuasións da aventura e do risco, conformando unha sorte de "jukebox de autoxeografía". Estes versos teñen un pé no feitizo do estético, transitando pola benévola tiranía da rima; e outro, na inmediatez da emoción, a da esquina sucia do ring, cando o centro do libro viaxa ás formas máis propias da canción ou da "twitteratura" a ritmo de música e desexo, coma un parteluz que observa a "aritmética beatle": letras tristes + alegres melodías.
Partilla este libro
Sinopse

A "forma" do Long Play navega libertaria cara ás augas de sinxeleza do fondo, tensando as fronteiras do xénero poético que galantea por intres con algún "riff" de humor -se Ian Curtis é de Curtis e Ohio é O Hío, eu a Bueu digo vou, Jhonny, go, go!- e evasións cara "outros territorios posíbeis"; concíbese o propio proceso de creación como un "crescendo de arte e ensaio" pleno de liberdade e de poesía por si mesmo. As palabras cantan e denuncian, celebran, imaxinan e protestan, concisas e inmersas na observación da experiencia vital: os problemas, os medos e inquedanzas de quen as escribe, os ollos tisnados da infancia infinda.
A "ledicia blue" que agroma do triste.
A loita por habitar os silencios da nosa zona escura.
Colección
POESÍA
Código
1322252
I.S.B.N.
978-84-9121-293-5
Publicación
09/11/2017
Clasificación IBIC
DCF
Formato
Papel
Páxinas
192
Tamaño
22 x 14.5 cm
Colección
POESÍA
Código
1378510
I.S.B.N.
978-84-9121-599-8
Publicación
10/10/2019
Clasificación IBIC
DCF
Formato
ePub
Autor
Lois Pérez Díaz
Lois Pérez (Lugo, 1979) é mestre, contador de historias, poeta, escritor e guionista.
No eido da dramaturxia gañou en 2008 o Premio de Teatro Radiofónico da Radio Galega con "Saltimbanqui" (Xerais, 2008), dirixida e adaptada por Quico Cadaval.
Como poeta publicou "LP" (2013), "Long Play" (Xerais, 2017) e "Lugo Philadelphia" (Xerais, 2023), con fotografías de Alba Díaz. En 2017 gañou o Premio aRi[t]mar ao mellor poema editado en Galicia nese ano por "Blues do rei Bergman=B.B. King".
Coordina a Sección de Literatura de Tradición Oral da AELG e, no eido do ensino público, traballou e promoveu diferentes proxectos de innovación na normalización lingüística do galego na escola, premiados todos eles por organismos oficiais e institucións diversas.
Forma parte do comité de redacción da revista "Luzes" e escribe de rock and roll e literatura no suplemento cultural "Táboa Redonda".
Con "A gruta da torre" (Xerais, 2022) gañou o V Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade e con "A tribo do mar" (Xerais, 2023) o XVI Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil.