Recén chegados

Retorno

Retorno

Retorno

María Reimóndez

Sonora

Sonora

Sonora

Chus Pato

Cociña galega tradicional

Autor/a : Matilde Felpeto Lagoa

As receitas recollidas en "Cociña galega tradicional" pertencen ao legado culinario de Galicia. En cada caso relátase a historia do ingrediente principal do prato e as distintas maneiras de preparalo.

Partilla este libro

Sinopse

As receitas recollidas en "Cociña galega tradicional" pertencen ao legado culinario de Galicia. En cada caso relátase a historia do ingrediente principal do prato e as distintas maneiras de preparalo. Neste libro descríbese a elaboración da receita máis tradicional, pero tamén como foi concibida polos cociñeiros clásicos e a súa evolución ata a actualidade. Analízase a presenza das receitas nas obras dos escritores gastronómicos galegos, testemuñas fundamentais para coñecer a historia da nosa cociña, así como a opinión de ilustres gourmets sobre os pratos máis representativos da cociña galega. Preséntanse agrupadas seguindo a orde clásica de servizo na mesa: caldos e sopas, empanadas, vexetais, peixes e mariscos, carnes e sobremesas. Complétanse as receitas cunha información sobre produtos galegos de calidade: o pan, os queixos, os viños, as cervexas, as augas, os licores, as conservas e o mel. En "Cociña galega tradicional", a autora rebusca na súa memoria gastronómica para rememorar a cociña e as receitas da súa vida. Na narración conflúen a historia, a cultura e o pracer coa intención de que, despois de ler as receitas aquí descritas, os lectores reflexionen e miren dun xeito diferente o prato que van degustar.

  • Colección

    Gastronomía

  • Código

    1364020

  • I.S.B.N.

    978-84-9121-263-8

  • Publicación

    12/10/2017

  • Clasificación IBIC

    WBN

  • Formato

    Papel

  • Páxinas

    416

  • Tamaño

    24 x 17.5 cm

Libros de Matilde Felpeto Lagoa

Gastronomía

Doces e lambetadas. Receitas con historia

Doces e lambetadas. Receitas con historia

Gastronomía

Cocina gallega tradicional

Cocina gallega tradicional

LIBRO X

O polbo e a súa cociña

O polbo e a súa cociña

Sobre a colección Gastronomía