Nemo. O xigante de pedra
Davide Morosinotto (Autor/a)
MarÃa del Carmen Alonso Seisdedos (Tradutor/a)
INFANTIL E XUVENIL>CAMALEÓN
Segunda entrega das aventuras de Nemo, o prÃncipe indio que oculta o seu verdadeiro nome para protexer a súa vida e a dos seus dous novos amigos, Ashlynn e Daniel. Xuntos percorren Europa descifrando misterios e fuxindo dos seus inimigos, dos que polo de agora se deron salvado grazas á intelixencia pouco común de Nemo e á lealdade de Ashlynn e Daniel.Varios contendentes dispútanse Bundelkhand, e Nemo, para salvar o seu reino, terá que renunciar ao seu nome e cruzar o océano na procura dun misterioso tesouro. O prÃncipe de pel escura, arrastrado polas correntes, fuxirá lonxe. En compañÃa de Daniel, de Ashlynn e do seu inseparable can Nautilus, sobrevoará Europa a bordo da súa aeronave. Praga é a meta. Alà vive un rabino que talvez poida axudalo a descifrar o enigma necesario para atopar o tesouro. Pero terá que facelo antes de que Madame Zeta e os escarlatas acaben con eles.Un mundo de criaturas lendarias, gólems e sÃmbolos misteriosos envolve a vida do prÃncipe indio e dos seus compañeiros de viaxe. Entrementres, a néboa cobre as calellas de Praga, do mesmo xeito que os segredos escurecen o pasado de Nemo e os detalles da súa perigosa misión.