En palabras do autor con esta novela
"pretendo facer unha reflexión sobre a reconstrucción dos feitos (verídicos ou imaxinados) en literatura e en xornalismo, así que partín dun caso posible de corrupción política para que un xornalista, Rodrigo Albán, nos contase a historia.
Partilla este libro
Sinopse
En palabras do autor con esta novela
"pretendo facer unha reflexión sobre a reconstrucción dos feitos (verídicos ou imaxinados) en literatura e en xornalismo, así que partín dun caso posible de corrupción política para que un xornalista, Rodrigo Albán, nos contase a historia. El escribe un libro de encarga, un libro mercenario, sobre uns feitos acaecidos un ano antes e que remataron co suicido dun político de segunda fila no cárcere".
A novela, enmarcada no xénero negro, anque con variantes estilísticas que rompen coa convención obxectivista da prosa habitual neste tipo de literatura, é unha meditación sobre a inocencia, narrada cun estilo duro e directo, por momentos mesmo desapainoxado e cruel, no que destaca a aparición do diálogo como un dos recursos máis adecuados para aproximar ó lector a actualidade viva da materia novelada. A todas luces, unha obra moi recomendable.
Colección
Narrativa
Código
1331116
I.S.B.N.
978-84-7507-960-8
Publicación
15/12/1995
Clasificación IBIC
FF
Formato
Papel
Páxinas
224
Tamaño
21 x 13 cm
Autor
Aníbal C. Malvar
Aníbal C. Malvar (Aníbal Calvo Malvar) (A Coruña, 1964) xornalista, traballa actualmente en El Mundo. Como narrador ten publicadas as seguintes obras: Soño do violinista (1990), libro de relatos e poemas; Un home que xaceu aquí (1993), novela; A man dereita (1994), novela; Unha noite con Carla (Xerais 1995), novela, Premio Xerais 1995; e Á de mosca (Xerais 1998), novela. Como guionista de cómic e en colaboración con Rober G. Méndez ten publicado A irmandade dos lectores tristes (1994) Flores desde Hiroshima (Xerais 1995) No nome da amada morta (Xerais 1996) e A maldición dos Velasco (Xerais 1999).