Eu ben vin, virivín
Cancioneiro infantil para dicir, contar e cantar
Manuel Rico Verea (Autor/a)
David Rodríguez (Ilustrador/a)
INFANTIL E XUVENIL>PEQUENO MERLÍN>Albums
Este libro compendia as prosodias, rimas, recitados, fórmulas máxicas e encadeados máis representativos do cancioneiro de tradición oral infantil que nos falan do mundo dos animais e que, por seren transmitidos de xeración en xeración, están moi ligados á cultura popular e ás veces a ritos ancestrais.O libro acompáñase dun documento sonoro creado polo Obradoiro Experimental de Música Tradicional, formado por Nani García e Manuel Rico, que nos aproxima a novas referencias musicais recreando as melodías do cancioneiro tradicional.