Recén chegados

Retorno

Retorno

Retorno

María Reimóndez

Sonora

Sonora

Sonora

Chus Pato

O Pazo Baleiro

Autor/a : Xabier P. DoCampo
Ilustrador/a : Xosé Cobas

A Nicolás anóxao a escola pero pásao fenomenal cando visita seu Tío Delio, que é reloxeiro e vive nun vello vagón de tren, que el mesmo amañou. Alí, tío e sobriño consultan libros e pasan os mellores momentos observando o curioso mecanismo dos reloxos e a engrenaxe das súas diferentes pezas.

Partilla este libro

Sinopse

A Nicolás anóxao a escola pero pásao fenomenal cando visita seu Tío Delio, que é reloxeiro e vive nun vello vagón de tren, que el mesmo amañou. Alí, tío e sobriño consultan libros e pasan os mellores momentos observando o curioso mecanismo dos reloxos e a engrenaxe das súas diferentes pezas. Un día, na caixa dun reloxo antigo, descobren un antigo cofre que contén unhas cartas de amor -que fan referencia a desavinzas familiares, herdos e a un obxecto misterioso-, un pano cunhas iniciais bordadas que envolve unha presa de xoias e unhas moedas antigas. Daquela deciden investigar. Para iso conta con Ramiro, Sol e Társila, os amigos de Nicolás. As esculcas levaranos a contactar cun anticuario da cidade e despois cunha señora pertencente a unha familia nobre que era a propietaria dun pazo deshabitado de Eiravela, de onde inicialmente procede o reloxo. Todos os catro acudirán ao pazo nunha misión un tanto arriscada, pero chea de sorpresas. Xabier P. Docampo en O Pazo Baleiro deixa albiscar a súa afección pola literatura de aventuras cando eses catro amigos tratan de desenredar xuntos un misterio da aldea onde viven e que se remonta a tempos moi afastados. Docampo retrata con eses catro nenos catro universos diferentes: a rapaza tímida, a valente, o neno independente e o honesto, catro calidades coas que os rapaces conseguirán o que se propoñen. Pero aínda hai algo máis. Amais dunha historia de aventuras tamén o é de solidariedade, de comprensión e de respecto á diferenza pois o misterio comézao Delio, que é o retrato dun ser marxinal, extravagante, incomprendido, pero apaixonado polo seu traballo e cómplice co seu sobriño, a quen lle demostra que o importante é actuar como un pensa. En O Pazo Baleiro, como nas mellores novelas de aventuras, o lector ou a lectora sente que hai algo prohibido. Unha novela de corte clásico que de seguro ha cumprir un dos desexos do autor. "Gústame pensar que para cada libro que escribo existe alguén a quen lle gusta lelo".

  • Colección

    De 12 anos en diante

  • Código

    1384002

  • I.S.B.N.

    978-84-8302-748-6

  • Publicación

    15/04/2002

  • Clasificación IBIC

    YFC

  • Formato

    Papel

  • Páxinas

    160

  • Tamaño

    20 x 13 cm

Libros de Xabier P. DoCampo

CAMALEÓN

Contos de obxectos

Contos de obxectos

De 13 anos en diante

Catro cartas

Catro cartas

FÓRA DE XOGO

A chave das noces

A chave das noces

Sobre a colección De 12 anos en diante