Recén chegados

Retorno

Retorno

Retorno

María Reimóndez

Sonora

Sonora

Sonora

Chus Pato

O encargo do señor Castelao

Autor/a : Luís Rei Núñez

Castelao foi feliz en Pontevedra, a pequena capital de provincia á que chegou en 1916, cando era fundamentalmente artista. Dúas décadas despois, sendo xa sobre todo político e dirixindo a loita do galeguismo, o estoupido da guerra no verán de 1936 afástao de alí para sempre.

Partilla este libro

Sinopse

Castelao foi feliz en Pontevedra, a pequena capital de provincia á que chegou en 1916, cando era fundamentalmente artista. Dúas décadas despois, sendo xa sobre todo político e dirixindo a loita do galeguismo, o estoupido da guerra no verán de 1936 afástao de alí para sempre. Debe deixar atrás, canda recordos imborrables, o fillo que tivera que enterrar e o compañeiro Bóveda, fusilado ao pé dun piñeiro polos sublevados. A vida arrástrao daquela por metrópoles coma Nova York, Bos Aires, París e, de novo, Bos Aires. Son tempos que inclúen o seu paso por un ministerio sen carteira do Goberno da República no exilio e mais o reencontro casual con José Gómez Gayoso, o militante comunista ao que poderá recorrer cando a dor do fracaso o leve a facer un encargo que o desacouga: por que non vingar o martirio do seu mellor amigo da Pontevedra onde creron que os soños ían ser posibles? Do peso na alma dos homes da historia colectiva e das incertezas morais dunha petición difícil nace a historia con que Rei Núñez regresa á novela de non ficción. Un título que agranda o territorio conquistado polas letras galegas. Unha regalía para os lectores.

  • Colección

    Narrativa

  • Código

    1331396

  • I.S.B.N.

    978-84-9121-054-2

  • Publicación

    07/07/2016

  • Clasificación IBIC

    FA

  • Formato

    Papel

  • Páxinas

    320

  • Tamaño

    22 x 14.5 cm

  • Colección

    Narrativa

  • Código

    1378230

  • I.S.B.N.

    978-84-9121-063-4

  • Publicación

    07/07/2016

  • Clasificación IBIC

    FA

  • Formato

    ePub

Libros de Luís Rei Núñez

Narrativa

Matarán a Reboiras

Matarán a Reboiras

CRÓNICA

Rafael Dieste

Rafael Dieste

Narrativa

Días que non foron

Días que non foron

Sobre a colección Narrativa