Zairo participa co seu pobo na Gran Cacería. É o costume para deixar de ser neno e converterse nun home. Mais á volta todo mudou moito máis do que cabería imaxinar: desapareceron da aldea as mulleres e os rapaces, enxergando un futuro incerto.
Partilla este libro
Sinopse
Zairo participa co seu pobo na Gran Cacería. É o costume para deixar de ser neno e converterse nun home. Mais á volta todo mudou moito máis do que cabería imaxinar: desapareceron da aldea as mulleres e os rapaces, enxergando un futuro incerto. Que pasou? Ou mellor, para que pasou? E que se pode facer? O Consello de Sabios deberá tomar decisións rápidas e axeitadas para impedir a extinción da súa raza.
Neste relato trepidante, o protagonista atopará un amor fermoso e incondicional. Será capaz de enfrontar o medo de loitar cos inimigos, a tensión provocada polas traizóns e a incomodidade destas aventuras de a cabalo, nas que as tradicións ancestrais propias colaboran con outras culturas distintas de alén mar.
A cacería é unha narración épica de aventuras, localizada nun tempo e espazo míticos, onde un pobo loita pola súa supervivencia, da man dun guerreiro que vemos evolucionar de neno a heroe. Unha novela que respecta as convencións do xénero de fantasía heroica para propoñer unha reflexión sobre a conformación da identidade do heroe.
Colección
FÓRA DE XOGO
Código
1365163
I.S.B.N.
978-84-9914-981-3
Publicación
18/02/2016
Clasificación IBIC
YFH
Formato
Papel
Páxinas
136
Tamaño
21 x 13 cm
Colección
FÓRA DE XOGO
Código
1377159
I.S.B.N.
978-84-9914-978-3
Publicación
18/02/2016
Clasificación IBIC
YFH
Formato
ePub
Autor
Amadeo Cobas
Amadeo Cobas naceu en Noia (A Coruña). Cursou estudos de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Escribe en castelán e galego. Ten publicados os seguintes libros en solitario: "Un amigo en el Galacho" (2001), "Contos de viaxe" (2002), "Miranda", (2004), "Pasar a la posteridad" (2005), "As pantasmas sodes do que non hai" (2007) e "A cacería" (Xerais, 2016), Vº premio de novela curta "Cidade centenaria de Riveira". Ten publicados os seus textos en obras colectivas como "Alma de Beiramar" (2003), "Historias de Loarre" (2005), "Aragón: ríos de arte" (2006), "Monegros" (2006), "Historias para catar", (2006), "A doenza da paisaxe" (2007) e "Ducha escocesa" (2008).
Articulista en diversas revistas culturais, foi colaborador dos suplementos de crítica literaria dos xornais "Heraldo de Aragón" (Artes y Letras), "Diario de Teruel" (El Parnaso) e na actualidade do blog de crítica literaria "La tormenta en un vaso". Acadou varios galardóns literarios, como o premio no VII Certamen de Relatos "Tierra de Monegros", de Huesca, a mención honorífica na modalidade de conto do Premio Platero 2005, en Ginebra (Suiza) ou o accésit de poesía no X Certamen Manuel Oreste Rodríguez, de Paradela (Lugo). É membro fundador da Asociación Cultural Catropatacos.