Agora mesmo, ao ler estas liñas, estás a utilizar a habilidade máis sorprendente e extraordinaria da túa mente: a linguaxe, unha ferramenta única que usamos os humanos modernos para elaborar o pensamento e para comunicar todo tipo de ideas dunha mente a outra.
Partilla este libro
Sinopse
Agora mesmo, ao ler estas liñas, estás a utilizar a habilidade máis sorprendente e extraordinaria da túa mente: a linguaxe, unha ferramenta única que usamos os humanos modernos para elaborar o pensamento e para comunicar todo tipo de ideas dunha mente a outra. É algo que nos diferencia de todos os demais seres vivos coñecidos. Ningún outro animal posúe algo remotamente similar, xa que no seu caso manexan sistemas de comunicación que carecen do simbolismo e a sintaxe propios da linguaxe. Como xurdiu está capacidade única dos humanos? A evolución da linguaxe é un dos problemas máis fascinantes da ciencia actual.
Este atractivo libro do neurocientífico e divulgador Xurxo Mariño é unha aventura de misterio na que pouco a pouco van aparecendo pistas sobre o desenvolvemento da nosa capacidade lingüística, tanto a medida que remexemos na evolución biolóxica e cultural do xénero Homo, como tamén observando os cambios que se producen durante os primeiros anos de vida das nenas e nenos.
Colección
Básicos ciencia
Código
1327509
I.S.B.N.
978-84-9121-761-9
Publicación
12/11/2020
Clasificación IBIC
PSAN
Formato
Papel
Páxinas
128
Tamaño
23 x 19 cm
Colección
Ensaio
Código
1378815
I.S.B.N.
978-84-1110-217-9
Publicación
10/11/2022
Clasificación IBIC
PSAN
Formato
ePub
Autor
Xurxo Mariño
É doutor en Ciencias Biolóxicas especializado en Neurofisioloxía e profesor do Departamento de Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas da Universidade da Coruña, ademais de viaxeiro e fotógrafo afeccionado. Formouse como biólogo na Universidade de Santiago e realizou o seu posdoutoramento no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT). Desde hai anos dedica unha parte importante do seu tempo á divulgación do coñecemento científico e a súa interacción coas artes e as humanidades mediante espectáculos teatrais, relatos de ficción, colaboracións en revistas, radio, TV e Internet, e libros como Os dados do reloxeiro (2005), Po de estrelas (2007), Neurociencia para Julia (2012), Terra. Ciencia, aventura e sorpresas dunha viaxe arredor do mundo (Xerais 2017) e El misterio de la mente simbólica. Cerebro, lenguaje y evolución (2018).
No ano 2011 recibiu o Premio Especial do Xurado do I Certame FECYT de Comunicación Científica, e en 2014 o Premio Tesla de Divulgación. En 2017 foille concedido o premio Lois Peña Novo. No ano 2018 recibiu o premio da modalidade de «Divulgación» na Gala do Libro Galego pola súa obra Terra, libro que tamén levou unha mención de honra na edición de 2018 dos premios PRISMA dos Museos Científicos Coruñeses.