Ariadna lembra aqueles vinte días felices que pasaron entre a mañá en que chegou á aldea na furgoneta dos panadeiros e a mañá en que Valente, o seu avó, a deixou no aeroporto, camiño de Canadá, onde emigraron os seus pais despois de ser despedidos do traballo.
Partilla este libro
Sinopse
Ariadna lembra aqueles vinte días felices que pasaron entre a mañá en que chegou á aldea na furgoneta dos panadeiros e a mañá en que Valente, o seu avó, a deixou no aeroporto, camiño de Canadá, onde emigraron os seus pais despois de ser despedidos do traballo. Días inesquecibles de verán nos que esta rapaza de case doce anos aprendeu na casa da Albariza o nome de cada unha das árbores e a identificar o son do río e da fervenza, do merlo e do paspallás. Da man do avó Valente, Ariadna abre os ollos a un mundo que é por última vez e a unha maneira de camiñar pola vida que durará sempre.
Unha novela emocionante, que paga a pena ler aos dez e aos cincuenta anos. Un relato moi fermoso que describe de que estamos feitos, como se conforma a propia vida e onde, con quen, ou como ordenamos prioridades.
Colección
De 11 anos en diante
Código
1343257
I.S.B.N.
978-84-9121-102-0
Publicación
20/10/2016
Clasificación IBIC
YFN
Formato
Papel
Páxinas
184
Tamaño
19 x 14 cm
Colección
De 11 anos en diante
Código
1377538
I.S.B.N.
978-84-9121-105-1
Publicación
20/10/2016
Clasificación IBIC
YFN
Formato
ePub
Autor
David Pérez Iglesias
David Pérez Iglesias (Ames, 1962) é escritor, guionista e profesor de lingua e literatura no IES de Porto do Son. Como narrador publicou: «O pergameo de Elir» (1987); «Estación Término» (Xerais, 1993), Premio de relato Cidade de Lugo; «Cando veña a noite» (2005), premio Antón Avilés de Taramancos, e «Todo o tempo do mundo» (Xerais, 2016), Premio Merlín de Literatura Infantil. Algúns dos seus relatos forman parte de obras colectivas como «Samago, Fascismo» de «Tecendo Panos» (2000), Premio Manuel Murguía de narracións breves; «Mares do Sur» de «Paisaxes e palabras» (2001) e «Vidros» d' «A garza insomne» (2016). É responsable da canle de vídeo SonCine, traballo de innovación didáctica polo que foi premiado pola Consellaría de Educación e a ASPG.