Ánxela repite 1º de Bacharelato obrigada polos seus pais. A súa vida sofre un cambio rotundo cando, a comezo de curso, meses antes da súa misteriosa desaparición, coincide con María, que a seduce para integrala nos Murnios, un grupo de hábitos diferentes ao resto de compañeiros e compañeiras.
Partilla este libro
Sinopse
Ánxela repite 1º de Bacharelato obrigada polos seus pais. A súa vida sofre un cambio rotundo cando, a comezo de curso, meses antes da súa misteriosa desaparición, coincide con María, que a seduce para integrala nos Murnios, un grupo de hábitos diferentes ao resto de compañeiros e compañeiras. Fascinada pola acollida destas novas amizades, aceptará asumir as arriscadas probas a que os Murnios se autosometen decontino na procura de experiencias vitais extremas que os satisfagan, o que creará momentos de incerteza na feble personalidade de Ánxela, afectada pola incomprensión da súa familia e polo abandono intensamente doloroso da súa parella.
Xa non estou aquí é unha novela que fala de sentimentos universais: da necesidade de pertenza a un grupo, do amor, da soidade e da morte... Unha novela coral onde dende diversos puntos de vista se pon de manifesto o cariz tan distinto que pode tomar a realidade dependendo dos ollos de quen a mira.
Colección
FÓRA DE XOGO
Código
1365167
I.S.B.N.
978-84-9121-103-7
Publicación
06/10/2016
Clasificación IBIC
YFCF
Formato
Papel
Páxinas
216
Tamaño
21 x 13 cm
Colección
FÓRA DE XOGO
Código
1377167
I.S.B.N.
978-84-9121-106-8
Publicación
06/10/2016
Clasificación IBIC
YFCF
Formato
ePub
Autor
Iria Misa
Iria Misa (Gondomar, 1983) é licenciada en Filoloxía Inglesa pola Universidade de Vigo e profesora de ensino secundario. Como autora de literatura infantil e xuvenil deuse a coñecer coa novela «Xa non estou aquí» (Xerais, 2016), que obtivo o Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil. En 2018 publica, tamén en Xerais, as novelas «Segredos no Solpor» e «Mamá, quero ser Ziggy Stardust», Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro Infantil dese ano. Con «A cidade do átomo» (Xerais, 2021) gaña o IV Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade. Outros títulos da autora son «Unha veciña de película» (Xerais, 2023) e «A excursión a Cans. Unha veciña de película»(Xerais, 2025).