Con dez anos acabados de cumprir, Iupanki soña con converterse no trapecista principal do Circo de los Muchachos. Mais todo se volve na súa contra. Cando coñece a nación de Benposta, o país utópico onde reside a escola do circo e os nenos son quen gobernan, atópase con xente estraña que quere destruír o soño que axudaron a erguer cativos de diferentes partes do mundo.
Partilla este libro
Sinopse
Con dez anos acabados de cumprir, Iupanki soña con converterse no trapecista principal do Circo de los Muchachos. Mais todo se volve na súa contra. Cando coñece a nación de Benposta, o país utópico onde reside a escola do circo e os nenos son quen gobernan, atópase con xente estraña que quere destruír o soño que axudaron a erguer cativos de diferentes partes do mundo. O neno Iupanki, aguilloado polo amor que comeza a sentir pola contorsionista Nuna, decide entón embarcarse na aventura de salvar o circo das gadoupas dos poderosos para asegurar que os artistas da malla de rombos poidan seguir levando a maxia do circo a todos os recunchos do planeta.
Baixo a mirada inocente e soñadora dun neno, "O trapecista da malla de rombos" rende homenaxe á utopía que se fixo realidade en Benposta, a cidade dos rapaces. Un proxecto nacido do compromiso e a ilusión, que pasou a formar parte da memoria colectiva de varias xeracións.
Colección
Milmanda
Código
1334531
I.S.B.N.
978-84-9121-302-4
Publicación
18/01/2018
Clasificación IBIC
FA
Formato
Papel
Páxinas
216
Tamaño
21.5 x 14 cm
Colección
Milmanda
Código
1378273
I.S.B.N.
978-84-9121-308-6
Publicación
18/01/2018
Clasificación IBIC
FA
Formato
ePub
Autor
Alberto Canal
Alberto Canal (Casal de Maus-Ourense, 1967). Despois dunha década dedicado ao xornalismo na prensa escrita, na actualidade traballa no eido da comunicación empresarial en Caldaria. Como escritor, afirma que envorca nas súas obras boa parte do que é como persoa, e parte da convicción de que as persoas nos imos configurando a partir dos libros que lemos. En 2008 publicou a súa primeira novela, «Conexión Tubinga» (Xerais), unha intriga filosófica sobre a existencia de Deus, que resultou finalista do Premio Xerais dese ano e do San Clemente de 2009. En 2016 saíu «O amor nos escuros días de Birkenau» (Xerais), sobre a maldade gratuíta do réxime nazi, e finalista tamén do Premio Xerais. En «O trapecista da malla de rombos» (Xerais, 2018) narra a súa experiencia no circo de Bemposta. A súa novela máis recente é «Carolina» (Xerais, 2022).