Logo Xerais

Ficha libro

A morte de Valle-Inclán

O último esperpento

Carlos G. Reigosa (Autor/a)
Javier del Valle-Inclán (Autor/a)
José Monleón (Autor/a)

EDICIÓN LITERARIA>CRÓNICA>Biografía

Don Ramón María del Valle-Inclán retirouse á súa Galicia natal en marzo de 1935 coa esperanza dun milagre que atallase a enfermidade que padecía. Durante nove meses viviu, con altiveza e serenidade, unha progresiva deterioración que terminou coa súa morte o 5 de xaneiro de 1936. Naquel marco histórico, xa coa Guerra Civil no horizonte, a morte de Valle-Inclán en Santiago de Compostela acabaría por converterse nun dos seus propios esperpentos. O derradeiro. O que aquí se desvela. Carlos G. Reigosa e Javier del Valle-Inclán (neto do escritor) expoñen neste libro dúas versións suxestivas e complementarias daqueles episodios. Ambos os dous centraron a súa ollada investigadora nos últimos meses de don Ramón. O resultado son dúas visións esenciais que nos mergullan nunha realidade nova e sorprendente.O crítico de teatro José Monleón, fundador e director da revista Primer Acto e experto na obra de Valle-Inclán, presenta e completa o libro cunha reflexión sobre a traxectoria que seguiu o teatro do escritor galego, desde a negación inicial ata a súa exaltación universal. A morte de Valle-Inclán é un libro para sentir de cerca o latexo do grande escritor e rememorar a Historia doente que lle tocou vivir.

Valoracións

  • *
  • *
  • *
  • *
  • *
  • Valora
  • *
  • *
  • *
  • *
  • -
  • (16 valoracións)
Valoarción grabada correctamente. Actualice para ver resultados.
Error inesperado al grabar valoración. Inténtelo de nuevo más tarde.