Recén chegados

Retorno

Retorno

Retorno

María Reimóndez

Sonora

Sonora

Sonora

Chus Pato

Que non te aten

Autor/a : Manuel Iglesias Turnes

Marcos traballa na Agro da Presa, a explotación leiteira de cincocentas cabezas que a súa familia leva en Cabanas, unha parroquia aparentemente deserta de xente, que non queda moi lonxe de Santiago.

Partilla este libro

Sinopse

Marcos traballa na Agro da Presa, a explotación leiteira de cincocentas cabezas que a súa familia leva en Cabanas, unha parroquia aparentemente deserta de xente, que non queda moi lonxe de Santiago. O seu pai sempre quixo ter a casa máis grande da aldea e que fose a que entregase máis leite. Unha carreira tola na que tamén están os veciños da granxa de O Penedo cos que non se leva. A nai de Marcos ocúpase do muxido e dos traballos da casa, mentres que o seu irmán Daniel e a súa cuñada Iria van co portátil a todas as partes para non perder nunca o control do que sucede nas vacarizas. Os avós coidan da horta e María, a súa irmá, despois de rematar a carreira, prepara oposicións nunha academia de Compostela. Tras o éxito da súa primeira novela, As rapazas de Xan, no que recuperaba de forma conmovedora a memoria dunha aldea da Galicia dos anos cincuenta do século XX, Manuel Iglesias Turnes regresa con este potente relato da vida interior dunha aldea do noso tempo, dende a ollada das persoas novas que apostaron por construír alí as súas vidas.

  • Colección

    Narrativa

  • Código

    1331388

  • I.S.B.N.

    978-84-9914-979-0

  • Publicación

    18/02/2016

  • Clasificación IBIC

    FA

  • Formato

    Papel

  • Páxinas

    280

  • Tamaño

    22 x 14.5 cm

  • Colección

    Narrativa

  • Código

    1378216

  • I.S.B.N.

    978-84-9914-975-2

  • Publicación

    18/02/2016

  • Clasificación IBIC

    FA

  • Formato

    ePub

Libros de Manuel Iglesias Turnes

Narrativa

Os soños de Miguel

Os soños de Miguel

Narrativa

As rapazas de Xan

As rapazas de Xan

Sobre a colección Narrativa