O único que queda é o amor
AgustÃn Fernández Paz (Autor/a)
Pablo Auladell (Ilustrador/a)
INFANTIL E XUVENIL>CAMALEÓN
14ª Edición - Premio Xosé Neira Vilas ao Libro Infantil e Xuvenil do ano 2007 - Premio Asociación de Escritores en Lingua Galega (Infantil-Xuvenil), 2007 - 5ª Edición Premio Literario Frei MartÃn Sarmiento (3º ESO a Bacharelato) - Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2008 - Lista de Honra do IBBY, 2010
Hai unha trama de fÃos invisibles que une as vidas dos personaxes deste novo libro de relatos de AgustÃn Fernández Paz, ilustrado por Pablo Auladell: Diana, Sara, Pablo, Laura, Adrián... todos se namoran e descobren que o amor é un sentimento poderosÃsimo, capaz de transformalos por enteiro e facerlles ver a vida doutro xeito. Mais tamén experimentan a amargura do desamor, ou da ausencia, ou dos amores rotos. O amor en todas as súas variantes: desde o primeiro amor adolescente ata o que se mantén máis alá da morte. AÃnda sabendo isto, as persoas sempre buscamos na nosa vida ese sentimento tan necesario como o aire que respiramos, quizais porque intuÃmos que, como escribe Orhan Pamuk en Neve, "na vida o único que queda é o amor". E sempre, os libros como compañeiros da aventura do amar. Un libro memorable.