Historia da bicicleta dun home lagarto
Fina Casalderrey (Autor/a)
Laura Súa Campo (Ilustrador/a)
INFANTIL E XUVENIL>SOPA DE LIBROS>De 10 anos en diante
3ª Edición
Esta é a historia de Mundo, un neno que superou o ataque dos lobos ao seu rabaño, pedaleou nunha bicicleta de celador de telefonÃa, rubiu aos postes máis altos coma un lagarto... Pero a misteriosa desaparición do seu pai, o medo debuxado nas caras das veciñas, o loito enigmático da súa nai, as notas manuscritas nos libros... atoldaron os seus soños de futuro.