Recén chegados

Retorno

Retorno

Retorno

María Reimóndez

Sonora

Sonora

Sonora

Chus Pato

A illa de todas as illas

Autor/a : Xabier P. DoCampo
Ilustrador/a : Xosé Cobas

A illa de todas as illas narra a aventura de tres rapaces, nunha illa deserta que non ten nome, pero a que todos chaman Navalleira. Puxéranlle ese nome os mariñeiros, porque nela había moitas navallas; pero agora, segundo lles conta o patrón do barco que os leva alí, só quedan brétemas mestas e espíritos.

Partilla este libro

Sinopse

A illa de todas as illas narra a aventura de tres rapaces, nunha illa deserta que non ten nome, pero a que todos chaman Navalleira. Puxéranlle ese nome os mariñeiros, porque nela había moitas navallas; pero agora, segundo lles conta o patrón do barco que os leva alí, só quedan brétemas mestas e espíritos. Algúns mariñeiros que chegaran á illa buscando navallas volveran a terra dicindo que escoitaran voces e que viran xentes que lles falaban en todas as linguas do mundo e que vestían como os que veñen nos libros antigos. Xabier P. DoCampo quixo render tributo con esta historia a todos aqueles fermosos libros de aventuras cuxas historias sucedían nunha illa deserta ou aparentemente inhabitada, obras que mantiveron, como di no epílogo, «o meu corazón alterado, as miñas emocións abrollando coma fontes da alma e moitas horas entregadas á lectura cando llelas tiña prometidas ao sono ou ao estudo».

  • Colección

    CAMALEÓN

  • Código

    1334516

  • I.S.B.N.

    978-84-9914-591-4

  • Publicación

    19/11/2013

  • Clasificación IBIC

    YFC

  • Formato

    Papel

  • Páxinas

    168

  • Tamaño

    22 x 14.5 cm

Libros de Xabier P. DoCampo

CAMALEÓN

Contos de obxectos

Contos de obxectos

De 13 anos en diante

Catro cartas

Catro cartas

FÓRA DE XOGO

A chave das noces

A chave das noces

Sobre a colección CAMALEÓN