Recén chegados

A rede branca

A rede branca

A rede branca

Paco Morgan

A noite das cebolas

A noite das cebolas

A noite das cebolas

Rosa Aneiros

Os Gotten

Autor/a : Alfonso Álvarez Cáccamo

Os Gotten son unha xenerosa familia afincada en Galicia, fundamentalmente en Vigo e bisbarra, dende a segunda década do século XX. Ao terminar a Primeira Guerra Mundial, os irmáns Herbert e Stéfano Gotten Dahandra, beneficiarios dunha cuantiosa herdanza, deciden saír de Austria e trasladarse a Vigo coa intención de instalar unha factoría de conserva e salga de peixe.

Partilla este libro

facebook twitter

Sinopse

Os Gotten son unha xenerosa familia afincada en Galicia, fundamentalmente en Vigo e bisbarra, dende a segunda década do século XX. Ao terminar a Primeira Guerra Mundial, os irmáns Herbert e Stéfano Gotten Dahandra, beneficiarios dunha cuantiosa herdanza, deciden saír de Austria e trasladarse a Vigo coa intención de instalar unha factoría de conserva e salga de peixe. Malia un comezo con certas dificultades, en dous anos serán realidade as dúas fábricas de conservas Gotten, absorbidas dende o ano 1977 por outra marca local de prestixio. Os Gotten, familia culta e emprendedora, colaboraron co progreso e co emprego na bisbarra viguesa durante tres xeracións. Este libro recolle os sucesos e historias dos Gotten contadas polos seus protagonistas, moitos deles os propios membros da familia, ou por outras persoas que preferiron permanecer no anonimato. En todo caso, na totalidade dos relatos salienta a xenerosidade e o grato sentido do humor dos membros desta familia á hora de falar con liberdade e sen complexos da historia común.

  • Colección

    Narrativa

  • Código

    1331349

  • I.S.B.N.

    978-84-9914-619-5

  • Publicación

    07/01/2014

  • Clasificación IBIC

    FA

  • Formato

    Papel

  • Páxinas

    112

  • Tamaño

    22 x 14.5 cm

  • Colección

    Narrativa

  • Código

    1378153

  • I.S.B.N.

    978-84-9914-247-0

  • Publicación

    07/01/2014

  • Clasificación IBIC

    FA

  • Formato

    ePub

Sobre a colección Narrativa