Un rato díxolle á lúa é a caixa dos tesouros da poesía de Antonio García Teijeiro. Dentro dela gárdase a esencia dos seus versos, a apócema máxica coa que, en palabras de Fran Alonso, «a lúa imprimiu neles un sabor antigo, un sabor de berce, un sabor sincero que se nos mete dentro».
Partilla este libro
Sinopse
Un rato díxolle á lúa é a caixa dos tesouros da poesía de Antonio García Teijeiro. Dentro dela gárdase a esencia dos seus versos, a apócema máxica coa que, en palabras de Fran Alonso, «a lúa imprimiu neles un sabor antigo, un sabor de berce, un sabor sincero que se nos mete dentro». García Teijeiro atesoura no seu haber 25 anos escribindo poesía infantil. Desde a publicación de Nenos (1988), os seus versos enredan nos beizos dos lectores e lectoras, «divertidos, lúdicos, pero tamén facéndonos sentir, e pensar, turrando de nós cos seus ventos de ideas e emocións brincadeiras». Un rato díxolle á lúa espreme, antologados por Fran Alonso, eses 25 anos de poesía infantil.
«Simpáticos, fermosos, divertidos, sensibles, punzantes, libres, salgados, máxicos, outonizos, perennes», estes poemas transmiten emoción, beleza e solidariedade. Ilustrada por Xosé Cobas e musicada por Paco Ibáñez (nun CD que se acompaña), a poesía de Antonio García Teijeiro agroma cunha enorme forza natural, chea de vida, de luz e de musicalidade.
Colección
CAMALEÓN
Código
1334512
I.S.B.N.
978-84-9914-505-1
Publicación
17/05/2013
Clasificación IBIC
YDP
Formato
Papel
Páxinas
152
Tamaño
21.5 x 14 cm
Colección
CAMALEÓN
Código
1377201
I.S.B.N.
978-84-9121-810-4
Publicación
11/02/2021
Clasificación IBIC
YDP
Formato
ePub
Autor
Antonio García Teijeiro
Antonio García Teijeiro (Vigo 1952) é un dos grandes poetas e narradores da literatura infantil e xuvenil galega. Ten publicada unha extensa obra poética dirixida ao público máis novo, con máis de cincuenta títulos, iniciada en 1988 cos libros «Coplas», «Nenos» e «Aloumiños». En Xerais publicou os seguintes títulos de poesía: «Retorno ós lamentos» (1988); «Ventos» (1992; «Lueiro de papel» (1995; «Na fogueira dos versos» (1996), Premio Merlín 1996, Lista de Honra do IBBY 1997 e Premio Pier Paolo Vergerio 1998; «O que ven os ollos dos nenos» (2001), prosa poética; «Os nosos versos» (1997, Xerais 2003), antoloxía poética; «Chove nos versos» (2004); «Recendos de aire sonoro» (2011); «Un rato díxolle á lúa» (2013), antoloxía da súa obra preparada por Fran Alonso; «Lendo lendas, digo versos» (2015), en colaboración con Antonio Reigosa, Premio Gala do Libro Galego á mellor iniciativa bibliográfica 2016; «Poemar o mar» (2016), Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2017, «Paseniño, paseniño» (2018), «Vento, ventiño, venteiro» (2019), e «No xardín do poeta» (2021). No eido da narrativa para mozos e mozas publicou en Xerais: «En voz baixa» (1998); «Os peixes de cores» (2002); «Honorato, o rato namorado» (2007) e «Verbas de sal» (2011). Tamén preparou a «Antoloxía de Celso Emilio Ferreiro» (1989) publicada na Biblioteca das Letras Galegas.