A loucura como vivencia, a loucura como metáfora, como agudísima conciencia da dor de estar vivo. Esta é unha historia dura, triste, abrumadora, o relato da loita dunha corredora de marathon exhausta que procura o derradeiro alento para chegar á meta.
Partilla este libro
Sinopse
A loucura como vivencia, a loucura como metáfora, como agudísima conciencia da dor de estar vivo. Esta é unha historia dura, triste, abrumadora, o relato da loita dunha corredora de marathon exhausta que procura o derradeiro alento para chegar á meta. Narrada nunha ambigua voz que camiña sobre o gume, que se amarra á linguaxe para non perderse, para exorcizar un mal que ameaza con esfarelar toda identidade, esta novela enfróntanos ao proceso da enfermidade mental como unha lenta e consciente deriva cara á escisión e a exclusión. Un literal descenso aos infernos ante o que a psiquiatría revela toda a súa impotencia.
Dark butterfly é unha novela memorable, unha obra que deixa unha fonda pegada emotiva. A confirmación literaria dunha autora afouta que explora coa maior sutileza e profundidade unha das caras máis fráxiles e agochadas da condición humana.
Colección
Narrativa
Código
1331314
I.S.B.N.
978-84-9914-336-1
Publicación
22/02/2012
Clasificación IBIC
FA
Formato
Papel
Páxinas
176
Tamaño
22 x 14.6 cm
Colección
Narrativa
Código
1378166
I.S.B.N.
978-84-9914-662-1
Publicación
17/03/2014
Clasificación IBIC
FA
Formato
ePub
Autor
Rexina Vega
Rexina Vega é doutora en Filoloxía Románica coa tese Bilingüismo e autotradución en Álvaro Cunqueiro, autor sobre o que publicou numerosos artigos e estudos monográficos. Durante os anos noventa foi docente na área de Filoloxía Galego-Portuguesa da Universitat Autònoma de Barcelona. Exerceu a crítica teatral na revista El Público e a crítica literaria para Quimera, Zurgai, Anuario de Estudos Galegos ou Grial, entre outras publicacións. Tamén foi colaboradora habitual da sección El trujamán do Centro Virtual Cervantes.
No campo da lexicografía formou parte do equipo de redacción dos dicionarios bilingües español-francés da editorial Larousse e do Dicionario Vox galego-castelán.
É Premio Sthendal e finalista do Premio Nacional de Tradución pola obra de Georges Perec El secuestro. Responsabilizouse da edición dos artigos ensaísticos de Suso de Toro Ten que doer. Literatura e identidade. Actualmente é profesora do Departamento de Lingua Española na Universidade de Vigo. Cardume, a súa primeira obra literaria, mereceu o Premio Xerais de Novela 2007, á que sigue agora Dark butterfly (2012).