Logo Xerais

Ficha libro

Os Megatoxos e a cara oculta de Lúa

Anxo Fariña (Autor/a)
Anxo Fariña (Ilustrador/a)

INFANTIL E XUVENIL>SOPA DE LIBROS>Megatoxos

3ª Edición

Os Megatoxos son catro mozos que teñen que compatibilizar as clases no instituto, cunha dobre vida que os impulsa a viaxar na procura dunha cura para a súa mutación xenética, un cambio provocado por unha planta moi especial, o Toxo. Esta planta mutante ten, entre outras, a capacidade de viaxar no espazo e no tempo. Os Megatoxos, en pasadas aventuras, estiveron na época Castrexa, na Idade Media, e na Revolución industrial en París.Todos os humanos teñen dúas caras: a luminosa e a escura. A primeira é a que normalmente amosamos diante dos nosos semellantes, mais, as veces, o demo interior pugna por saír á superficie.Que pasaría se esa vertente sinistra tomase o control? E se lle acontecese a unha persoa cun alto potencial como Lúa? E se o poder do Toxo complicase aínda máis a situación?O instituto dos Megatoxos cae en desgraza e unha horrible transformación esténdese polo alumnado e mais o profesorado. Entrementres, en Venecia, unha misteriosa raíña trata de dominar o mundo grazas ao poder do Toxo. Os dous escenarios están intimamente ligados, e só os Megatoxos poden resolver a crise que ameaza os dous mundos.

Descargas

Valoracións

  • *
  • *
  • *
  • *
  • *
  • Valora
  • *
  • *
  • *
  • *
  • *
  • (25 valoracións)
Valoarción grabada correctamente. Actualice para ver resultados.
Error inesperado al grabar valoración. Inténtelo de nuevo más tarde.