Serafina, que é filla dun ladrón de bicicletas, vive coa súa tía, dona Perfecta, nunha vila mariñeira. A súa máxima aspiración é ser equilibrista nun circo con Celerífera, a bicicleta coa que consegue abraiar, e cara a iso van enfocados todos os seus esforzos, aos que non serán alleos nin a axuda do vello Elías nin as dificultades que lle ocasionan a panda de Martiño o Bravo.
Partilla este libro
Sinopse
Serafina, que é filla dun ladrón de bicicletas, vive coa súa tía, dona Perfecta, nunha vila mariñeira. A súa máxima aspiración é ser equilibrista nun circo con Celerífera, a bicicleta coa que consegue abraiar, e cara a iso van enfocados todos os seus esforzos, aos que non serán alleos nin a axuda do vello Elías nin as dificultades que lle ocasionan a panda de Martiño o Bravo.
O xurado da XXVª edición do Premio Merlín de Literatura Infantil outorgou o seu recoñecemento a esta primeira novela de Teresa Gonzalez Costa salientando "a perfecta combinación de tenrura e humor dunha historia cuxo fío condutor é unha bicicleta que se converte en personaxe, á beira da protagonista, e que guía con eficacia o desenvolvemento da historia".
A filla do ladrón de bicicletas foi ilustrada por Jacobo Fernández Serrano e recomendada para lectores de 11 anos en diante.
Colección
De 11 anos en diante
Código
1343712
I.S.B.N.
978-84-9914-220-3
Publicación
03/06/2011
Clasificación IBIC
YFC
Formato
Papel
Páxinas
176
Tamaño
19 x 13.5 cm
Colección
De 11 anos en diante
Código
1377505
I.S.B.N.
978-84-9914-653-9
Publicación
01/03/2014
Clasificación IBIC
YFC
Formato
ePub
Autor
Teresa González Costa
Teresa González Costa (O Grove, 1975) é licenciada en Filoloxía inglesa e italiana, con estudos de Teoría da Literatura e Literatura Comparada. Realizou en paralelo unha formación teatral, tanto en Galicia como en Italia e Francia, como actriz en diversas compañías, talleres de teatro, danza e voz. Como docente, impartiu cursos de teatro en centros de ensino, creando varias obras. Viviu dous anos e medio en Xenebra, onde realizou guións para un programa radiofónico, na sección de teatro, e asistiu a cursos de dramaturxia baseados na obra de Jean-Luc Lagarce. Nesa cidade participou nunha produción da Comédie de Genève, logo dun taller anual. É autora de pezas de teatro publicadas nas editoriais Fervenza e Laiovento. Despois de ser mención especial no certame Barriga Verde 2004, e finalista no Rafael Dieste 2005, acadou en 2008 o XVII Premio Álvaro Cunqueiro con «Sempre quixen bailar un tango» (Xerais 2009) e o III Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil con «Pingueiras e tarteiras» (Xerais 2009). Como narradora infantil e xuvenil publicou as novelas: «A filla do ladrón de bicicletas» (Xerais 2010), Premio Merlín de Literatura Infantil 2010 e Premio Frei Martín Sarmiento 2012 (Categoría 5º e 6º Primaria); «Eu, pel» (Xerais 2012); «Fred Quincalla, o nómade do mar» (Xerais 2017), «A noite das bicicletas» (Xerais 2018), «A nena, o monstro e o mar» (Xerais 2019), «A memoria dos paxaros» (Xerais 2020) e «Unha abella máxica no camiño» (Xerais 2021. Na colección Xerais Narrativa publicou a novela «Os santos nunca dormen» (Xerais 2014).