Todos os delfíns de todos os mares, todos os delfíns de todos os océanos, todos os delfíns de todo o planeta decidiron xuntarse á mesma hora no mesmo punto de todos os mares, de todos os océanos de todo o planeta para dende alí avanzar cara á costa.
Partilla este libro
Sinopse
Todos os delfíns de todos os mares, todos os delfíns de todos os océanos, todos os delfíns de todo o planeta decidiron xuntarse á mesma hora no mesmo punto de todos os mares, de todos os océanos de todo o planeta para dende alí avanzar cara á costa. Ás seis horas xustas de ter iniciado aquela estraña peregrinación, como chamados por unha orde misteriosa, pararon, todos de súpeto e de vez. Os científicos amosáronse abraiados diante do silencio, absoluto, en que ficaron instalados os golfiños en cousa de poucos segundos. Todos calados. Coma mortos. Coma á espreita. Coma afogados. Desde aquel intre, as fotografías que foron ofrecendo os satélites e as imaxes emitidas polas canles de televisión sobre o fenómeno resultaron, primeiro sorprendentes e logo arrepiantes: centos de miles de golfiños configuraban círculos case perfectos repartidos por toda a xeografía marítima planetaria. Ninguén sabía explicar que estaba pasando. O ceo dos afogados, primeira novela de Francisco Castro na colección Fóra de Xogo e finalista do Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil, aborda -baixo a aparencia dunha novela de aventuras e intriga- a importante cuestión da comunicación dos seres humanos cos animais e o desenvolvemento sostible do planeta.
Colección
FÓRA DE XOGO
Código
1365908
I.S.B.N.
978-84-9914-190-9
Publicación
17/01/2011
Clasificación IBIC
YFC
Formato
Papel
Páxinas
192
Tamaño
20.5 x 13 cm
Autor
Francisco Castro
Francisco Castro (Vigo, 1966) é licenciado en Filosofía. Traballa ademais de no ensino, na xestión cultural e a comunicación. Ten impartido Obradoiros Literarios por toda Galicia, tanto para nenos como para adultos. Autor de varios libros de relatos e novelas, algúns deles traducidos ao castelán. Un Bosque Cheo de Faias recibiu o Premio Frei Martín Sarmiento outorgado por alumn@s de toda Galicia. Gañou algúns premios coma o Lueiro Rey de Novela Corta en 1997 con Play-Back, o Cartafol ao mellor libro do ano 2004 por Xeración Perdida, o Blanco Amor en 2005 por Spam, e o Manuel García Barros en 2007 por As Palabras da Néboa. O ceo dos afogados (2007) é a súa primeira obra dentro do catálogo de Xerais.