Un encarapuchado asasinou de tres disparos a Mario Dacosta, parlamentario do Bloque Nacionalista Galego, cando saía da reunión do Consello Nacional no que a executiva, co seu voceiro á cabeza, Óscar Quiroga, presentou a súa dimisión.
Partilla este libro
Sinopse
Un encarapuchado asasinou de tres disparos a Mario Dacosta, parlamentario do Bloque Nacionalista Galego, cando saía da reunión do Consello Nacional no que a executiva, co seu voceiro á cabeza, Óscar Quiroga, presentou a súa dimisión. Os feitos aconteceron pouco despois das seis da tarde, cando Dacosta se dispuña a arrincar o seu coche, estacionado no aparcadoiro do Hotel Congreso de Santiago de Compostela. Segundo fontes da Delegación do Goberno, o pistoleiro achegouse ao parlamentario e asestoulle tres tiros, fuxindo posteriormente nun vehículo Renault Clio. Un dos disparos impactoulle na cabeza, provocándolle a morte. Os servizos sanitarios trataron de reanimalo no lugar do crime, sen éxito, durante media hora.
O presidente en funcións da Xunta de Galiza, Felipe Méndez Tarrío, cualificou o suceso de "atentado contra a democracia". O vicepresidente Óscar Quiroga, amosouse "conmocionado" e afirmou que "Galiza saberá estar á altura das circunstancias" ante un asasinato "que enche de rabia a todos os demócratas, e especialmente aos nacionalistas galegos". Fernando Xelmírez, secretario xeral UPG, partido integrado no Bloque e no que o parlamentario militaba dende 1982, amosouse conmocionado polo suceso e cualificou a Dacosta de "camarada insubstituible e extraordinario patriota galego". Horas antes do crime, Óscar Quiroga anunciara a súa dimisión ao comezo do consello nacional da formación frontista, conclave no que tamén presentou a súa renuncia toda a executiva. Abríase así unha nova etapa despois da derrota sufrida nos comicios autonómicos do 1 de marzo, cuxos resultados devolveron a maioría absoluta ao Partido Popular en detrimento do bipartito formado por PSdG-PSOE e BNG.
Alberto Cudeiro, un detective elegante con ínfulas taoístas, recibirá da dirección do BNG o encargo de investigar este crime, que o levará, tamén, a resolver un enigma relacionado coa guerra civil.
Colección
Narrativa
Código
1331293
I.S.B.N.
978-84-9914-171-8
Publicación
23/09/2010
Clasificación IBIC
FF
Formato
Papel
Páxinas
384
Tamaño
22 x 15.5 cm
Colección
Narrativa
Código
1378125
I.S.B.N.
978-84-9914-476-4
Publicación
12/02/2013
Clasificación IBIC
FF
Formato
ePub
Autor
Diego Ameixeiras
Diego Ameixeiras (Lausanne, Suíza, 1976), escritor e xornalista. Escribe en «La Voz de Galicia» e «O Salto». Publicou en Xerais todas as súas novelas: «Baixo mínimos» (2004); «O cidadán do mes» (2006); «Tres segundos de memoria», Premio Xerais de Novela (2006); «Dime algo sucio» (2009), Premio Especial da Dirección da Semana Negra de Xixón; «Asasinato no Consello Nacional» (2010), Premio Irmandade do Libro ao Mellor Libro do Ano; «Historias de Oregón» (2011), Premio de Novela por Entregas de «La Voz de Galicia»; «Todo OK» (2012); «Matarte lentamente» (2013); «Conduce rápido» (2014), Premio Losada Diéguez de Creación Literaria 2015, finalista Premio Hammett 2017; «A noite enriba» (2015), «A crueldade de abril» (2018); «O cervo e a sombra» (2021), Premio Nacional da Crítica, Premio Follas Novas, Premio Pata Negra-Domingo Villar e finalista do Premio Hammett; e «Un anarquista» (2024). «Os Suicidantes» (2023) é a súa primeira novela gráfica como guionista. Fotografía do autor: Sara Antelo.