Logo Xerais

Ficha libro

De Xente Nova a Brais Pinto

Memorias dun afiador rebelde

Xosé Fernández Ferreiro (Autor/a)

EDICIÓN LITERARIA>CRÓNICA>Memorias

A comezos da década de 1950 Xosé Fernández Ferreiro funda en Ourense, xunto a Víctor Campos e outros compañeiros, o efémero grupo literario Xente Nova, coa intención de «buscar camiños novos para unha Galicia sen complexos, máis aberta ó mundo e dona de si», como di o autor. En 1957, en Madrid, coñece a Méndez Ferrín e con outros traballadores e estudantes galegos crean o grupo Brais Pinto. Estes dous acontecementos enfían a narración de experiencias vitais do autor de Agosto do 36, que se converten nunha historia persoal da Galicia política e cultural da posguerra.«Brais Pinto foi un intento de poñer ó día a cultura galega nunha dirección de vangarda. Unha conxunción de intelixencias e sensibilidades que aspiraban a unha renovación total de Galicia, política, literaria e artística.» (X. L. Méndez Ferrín)

Valoracións

  • *
  • *
  • *
  • *
  • *
  • Valora
  • *
  • *
  • *
  • *
  • *
  • (2 valoracións)
Valoarción grabada correctamente. Actualice para ver resultados.
Error inesperado al grabar valoración. Inténtelo de nuevo más tarde.