Mercurio é un thriller ambientado en Lugo e protagonizado por un ex-policía que exerce como criminólogo, mediático e famoso grazas á televisión. Por esta novela de Emilio Alonso, desfilan tamén un morto, policías, forenses, historias de amor e, sobre todo, moitas anécdotas que o protagonista vai contando ao longo da narración.
Partilla este libro
Sinopse
Mercurio é un thriller ambientado en Lugo e protagonizado por un ex-policía que exerce como criminólogo, mediático e famoso grazas á televisión. Por esta novela de Emilio Alonso, desfilan tamén un morto, policías, forenses, historias de amor e, sobre todo, moitas anécdotas que o protagonista vai contando ao longo da narración. O Lugo onde que a historia se desenvolve é unha cidade actual, con importantes referentes do pasado, pero no que pervive un miserable ambiente moral, social e cultural, o que se respiraba na cidade na década dos sesenta e primeiros setenta, prevalecendo vellos hábitos e rutinas que converten a Mercurio nunha hábil mestura entre novela policíaca e costumista. O humor e a retranca do protagonista, posuidor dunha dobre moral, e a homenaxe sentimental que o autor fai á súa cidade, converten esta novela, pola que pasean todo tipo de personaxes, nunha lectura agradable, amena e divertida.
Colección
Narrativa
Código
1331279
I.S.B.N.
978-84-9782-926-7
Publicación
22/07/2009
Clasificación IBIC
FA
Formato
Papel
Páxinas
104
Tamaño
22 x 14.5 cm
Autor
Emilio Alonso
Emilio Alonso (Madrid, 1958 - Vigo, 2020). Durante a década dos 80 realizou os programas de radio Montaje Curioso -con Pilar Comesaña e Antón Cancelas- e A Trincheira (Radiocadena Española-Vigo e RNE-Radio 4-Galicia); foi coordinador da revista Tintimán, correspondente en Galicia de Rock de Lux e guionista e co-presentador do concurso musical Racha coas Ondas (TVE-Galicia); elaborou unha páxina semanal de información musical en Diario 16 de Galicia e colaborou con outras publicacións, como Faro de Vigo, Atlántico Diario, La Naval, Valiundiez, Escupe... Froito destes traballos e experiencias é o libro Vigo a 80 revolucións por minuto (Xerais, 2011), unha crónica da movida viguesa daquela década.
Xa nos 90 traballou fundamentalmente para televisión (TVG) como guionista, coordinador e director de programas presentados por Teté Delgado e Paco Lodeiro (Café Café), Pilar García Rego (Esto é noticia, Todos a Bordo), Roberto Vilar e Manolo Romón (Televisión Total), Superpiñeiro (Supermartes), Ana Kiro (Toda unha vida), X.L. Blanco Campaña (A Noite en Blanco), etc.
Ten publicados tamén ¡Po! Diario de un viaje a Palestina (Santiago, Fundación Araguaney, 2003) e Mercurio (Xerais, 2009) coa que gañou o VIII Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia.