Recén chegados

Retorno

Retorno

Retorno

María Reimóndez

Sonora

Sonora

Sonora

Chus Pato

Cartas de republicanos galegos condenados a morte (1936-1948)

Autor/a : Xesús Alonso Montero

Xesús Alonso Montero recolle neste libro cento vinte cartas de republicanos galegos escritas despois de que recibiran oficialmente a noticia de que foran condenados á pena de morte.

Partilla este libro

Sinopse

Xesús Alonso Montero recolle neste libro cento vinte cartas de republicanos galegos escritas despois de que recibiran oficialmente a noticia de que foran condenados á pena de morte. É o momento en que algúns deciden despedirse, por escrito, dos seus: dos pais, dos irmáns, da muller, da noiva, dos amigos... Nalgúns casos, especialmente entre comunistas, do Partido. Ningún xénero literario expresa con máis emoción o drama da Guerra Civil (e das súas consecuencias) que este tipo de cartas escritas polos republicanos nun momento en que toda esperanza estaba perdida. Hai, ademais, despedidas que son especialmente conmovedoras, e outras, dun certo nivel literario, e todas, e cada unha, un documento histórico que nos fai deplorar as que xa se perderon para sempre e as que, por torpeza ou incuria nosa, aínda non foron exhumadas. Un libro clave no proceso de construción da memoria republicana de Galicia que, ademais, constitúe o primeiro corpus epistolar deste xénero, territorio e período que se publica.

  • Colección

    CRÓNICA

  • Código

    1345106

  • I.S.B.N.

    978-84-9914-000-1

  • Publicación

    10/06/2009

  • Clasificación IBIC

    BJ

  • Formato

    Papel

  • Páxinas

    560

  • Tamaño

    22 x 15 cm

Libros de Xesús Alonso Montero

ALTERNATIVAS--POESÍA

Versos dun fistor republicano, marxista, ateo e un pouco epicúreo

Versos dun fistor republicano, marxista, ateo e un pouco epicúreo

CRÓNICA

Xosé Filgueira Valverde

Xosé Filgueira Valverde

LIBRO X

Pedro Petouto

Pedro Petouto

Sobre a colección CRÓNICA