Nin che conto do crítico e profesor Xosé Manuel Eyré é unha obra que busca a caracterización e definición da micronarrativa, unha das manifestacións literarias que máis expectativa está creando no comezo deste século e que está a provocar a remodelación do sistema narrativo e mesmo de todo o sistema literario.
Partilla este libro
Sinopse
Nin che conto do crítico e profesor Xosé Manuel Eyré é unha obra que busca a caracterización e definición da micronarrativa, unha das manifestacións literarias que máis expectativa está creando no comezo deste século e que está a provocar a remodelación do sistema narrativo e mesmo de todo o sistema literario. Este tipo de discursos son un exercicio de exquisita pureza, porque na brevidade o xenuinamente literario brilla con luz propia ao non haber ao seu redor un mar de palabras que o difuminen. Pero para conseguir descifrar o seu código, os microtextos precisan dun lector específico, capaz de representar na súa mente todo o que non figura por escrito, de aí a importancia que se lle concede neste estudo á actitude dinámica, activa, creativa e lúdica dos lectores e lectoras. Ademais de realizar un percorrido polos textos breves canónicos da literatura universal, en Nin che conto ofréceselle un extenso espazo aos autores e textos máis representativos da micronarrativa galega.
Colección
MATERIAL EDUCATIVO
Código
1349066
I.S.B.N.
978-84-9782-946-5
Publicación
04/02/2009
Clasificación IBIC
FYB
Formato
Papel
Páxinas
216
Tamaño
24 x 17.1 cm
Autor
Xosé Manuel Eyré
Xosé Manuel Eyré (Laxe, Chantada, 1960) é licenciado en Filoloxía Galego-portuguesa e desde o ano 1988 traballa como crítico literario no semanario A Nosa Terra, con especial atención á narrativa. Durante a década de 1990 dedicoulle moito tempo á divulgación e dinamización cultural das terras de Chantada. Froito diso foron as colaboracións nas revistas Achantada e Alem-parte (2ª época) e a coautoría (con Xosé M. Vélez e María Olga Varela) dun libro sobre a figura e a obra do cura poeta Avelino Gómez Ledo. Participou na creación e coordinación da 1ª edición do Certame Mundanal de Contos Ultralixeiros, primeiro premio literario de micronarrativa xurdido en Galicia. Tamén nesta década colaborou como autor na Historia da Literatura Galega promovida por ANT e ASPG, co fascículo relativo á historia da narrativa actual e dúas antoloxías.O labor que desenvolve como crítico literario mereceu, no ano 2004, o Premio á Colaboración Editorial que concede Edicións Xerais de Galicia. En 2005, saíu á luz Constelación de Ío, a súa primeira achega narrativa á literatura de ficción e en 2009 Nin che conto. Para coñecer e gozar da micronarrativa (Xerais). Mantén aberto o blog Ferradura en tránsito (http://xmeyre.blogaliza.org/)