O amor nos escuros dÃas de Birkenau
Alberto Canal (Autor/a)
EDICIÓN LITERARIA>NARRATIVA
É o amor a mellor arma para loitar contra a barbarie da sinrazón humana? Pode alguén confiar na bondade dese sentimento nun lugar onde hai que pelexar cos seres máis queridos por respirar a última burbulla de osÃxeno que fica nas cámaras de gas? Estas son algunhas das preguntas que asaltaron a Thomas Münch pouco tempo despois de coñecer a Irene Rosenthal na fábrica de munición dos campos de exterminio de Auschwitz, a onde acudÃa regularmente a cortarlles o cabelo ás presas. O perruqueiro berlinés confiaba en que só ese sentimento podÃa levalo a esquecer a xenreira que sentÃa cara aos xudeus para implicarse nunha revolución que os afastase do inferno de Birkenau. Mais sempre pairaba sobre el a mesma dúbida: era realmente posible o amor en Birkenau?