Estamos no século XIII, no reinado de Afonso X, o Sabio. Paio Gómez Chariño, o trobeiro autor de cantigas extraordinarias, volve a Galicia traendo canda el ó mozo Edelmiro Soutelo, fillo dun cabaleiro que morreu loitando contra os mouros nas guerras de Granada.
Partilla este libro
Sinopse
Estamos no século XIII, no reinado de Afonso X, o Sabio. Paio Gómez Chariño, o trobeiro autor de cantigas extraordinarias, volve a Galicia traendo canda el ó mozo Edelmiro Soutelo, fillo dun cabaleiro que morreu loitando contra os mouros nas guerras de Granada. A viaxe que fan de Toledo a Compostela está chea de loitas e perigos, pero tamén de feitos marabillosos. E Edelmiro descubrirá o amor cando Xoana, a filla de Paio Gómez, se una en Zamora á expedición.
As flores do meu amigo é unha amena e documentada novela de fondo histórico, que pon ante os nosos ollos o fascinante mundo medieval dos trobadores e xograres.
Colección
De 11 anos en diante
Código
1343099
I.S.B.N.
978-84-8302-523-9
Publicación
19/06/2000
Clasificación IBIC
YFT
Formato
Papel
Páxinas
112
Tamaño
19 x 13.5 cm
Autor
Rafael Fernández Lorenzo
Rafael Fernández Lorenzo. Nado en Cangas do Morrazo en 1962, é escritor e colabora en diversos medios con artigos de creación e crítica literaria. Como autor literario, publicou os seguintes libros: «Son media ducia e parecen cen» (1991), «O ladrón de voces» (1998), «As flores do meu amigo» (Xerais, 2000) e «Cocotibur» (Xerais, 2021). En 2023 gaña o Premio Raíña Lupa coa novela «As pedras verdes» (Xerais, 2024). É autor doutras obras como «Abecedario de Ricardo Carvalho Calero» (2019) e «Abecedario de Bernardino Graña» (2020), e coautor de «Conversas con Bernardino Graña» (Xerais, 2005). A súa obra está traducida a varios idiomas, como o éuscaro, portugués, catalán e castelán.