¡Maldito DNI! é a historia dunha decisión de morrer legalmente e así vivir á marxe da burocracia moderna. O seu desexo parece ben doado nun principio, mais axiña Olimpio Montes comprenderá que non é tan sinxelo vivir indocumentado nun mundo controlado pola información.
Partilla este libro
Sinopse
¡Maldito DNI! é a historia dunha decisión de morrer legalmente e así vivir á marxe da burocracia moderna. O seu desexo parece ben doado nun principio, mais axiña Olimpio Montes comprenderá que non é tan sinxelo vivir indocumentado nun mundo controlado pola información. ¡Maldito DNI!, novela moi divertida, ás veces desternillante, mantén ó lector atrapado polas situacións disparatadas, pero sempre verosímiles, que vai tecendo un home do noso tempo que pretende acometer unha loita individual contra a sociedade burocratizada na que vive, onde é moi difícil substraerse ó control que o estado realiza sobre tódolos seus cidadáns.
Colección
FÓRA DE XOGO
Código
1365823
I.S.B.N.
978-84-9782-607-5
Publicación
07/06/2007
Clasificación IBIC
YFQ
Formato
Papel
Páxinas
160
Tamaño
21 x 13 cm
Autor
Pepe Carballude
Pepe Carballude é profesor de Latín, actualmente xubilado, que leva publicado numerosos libros destinados ao público infantil e xuvenil. Na colección Fóra de Xogo de Xerais inclúense "Maldito D.N.I.", "Investigación 091" e "In memoriam". Na colección Seica publicou en 2021 "A vida diaria dos romanos"
As súas obras caracterízanse pola fantasía e o humor, e por abordar temas de tipo social ou histórico.