Recén chegados

Retorno

Retorno

Retorno

María Reimóndez

Sonora

Sonora

Sonora

Chus Pato

Males de cabeza

Autor/a : Fran Alonso

Males de cabeza, a nova obra narrativa de Fran Alonso, reflexiona sobre ese vento que sopra desde as entrañas da cultura urbana contemporánea e que nos arrastra entre as follas invisibles dunha neurose colectiva.

Partilla este libro

Sinopse

Males de cabeza, a nova obra narrativa de Fran Alonso, reflexiona sobre ese vento que sopra desde as entrañas da cultura urbana contemporánea e que nos arrastra entre as follas invisibles dunha neurose colectiva. Máis que un libro, Males de cabeza é unha arañeira de seda ácida que se vai tecendo con extremado coidado arredor dun dos temas que máis paixón e inquedanza teñen espertado ao longo do milenio: a tolemia. En Males de cabeza, Fran Alonso deita unha ollada sobre a condición humana, ás veces con tenrura, ás veces con dureza, ofrecéndonos unha visión propia e moderna da tolemia, desa tolemia próxima e contemporánea que a tod@s nos roza. E faino espindo as tensións e contradiccións cotiás do noso tempo e da nosa sociedade e abrindo un coloquio coa tradición literaria e cinematográfica que recrea a loucura. Males de cabeza configúrase como un espello que compendia a obra literaria de Fran Alonso. INDICACIÓNS: Males de cabeza está indicado para provocar a reflexión sobre a depresión e a súa ansiedade asociada, ofrecendo unha visión persoal, moderna e literaria da tolemia. Pode ser útil no tratamento da bulimia nerviosa, nas discusións de parella, nas tensións provocadas polo tráfico, nos ciúmes, na hipocondría, na asunción da angustia, na soidade, nas discusións sobre fútbol e, en casos extremos, na paranoia, esquizofrenia e adiccións varias.

  • Colección

    Narrativa

  • Código

    1331157

  • I.S.B.N.

    978-84-8302-546-8

  • Publicación

    29/01/2001

  • Clasificación IBIC

    FYB

  • Formato

    Papel

  • Páxinas

    208

  • Tamaño

    22 x 14.5 cm

  • Colección

    Narrativa

  • Código

    1378214

  • I.S.B.N.

    978-84-9914-961-5

  • Publicación

    01/12/2015

  • Clasificación IBIC

    FYB

  • Formato

    ePub

Libros de Fran Alonso

FÓRA DE XOGO

Poetízate

Poetízate

FÓRA DE XOGO

A curva da pantasma

A curva da pantasma

De 10 anos en diante

Douche a miña palabra

Douche a miña palabra

Sobre a colección Narrativa