Chamábase LuÃs
Marina Mayoral (Autor/a)
INFANTIL E XUVENIL>FÓRA DE XOGO
10ª Edición - Premio Losada Dieguez (Creación Literaria), 1989
LuÃs, trinta anos, dous fillos de trece e oito anos. Drogadicto dende os vinte, vivÃa sen traballar a costa da familia e do que sacaba en arrepañar no alleo. LuÃs é un ser humano que se consome, fráxil coma un vidro. A súa familia é arrastrada na mesma desesperación, sempre entre o amor e a impotencia, a rabia e a resignación.Facer dunha vida «crónica dunha morte anunciada» tampouco depende por forza do suxeito marcado. Chamábase Luis, de Marina Mayoral, novela editada en 1989 dentro da colección «Crónica» e reeditado en sete ocasións e agora recuperada para «Fóra de Xogo», pode ser o caleidoscopio dos reflexos dunha vida pendente da adicción á heroÃna con tódolos seus ingredientes, incluÃndo mesmo o último castigo, a presencia da SIDA. Nove testemuños a falar, desde a súa propia óptica, sobre LuÃs ou sobre si mesmos. Todos vÃtimas dun dos maiores dramas do noso tempo.