Recén chegados

Retorno

Retorno

Retorno

María Reimóndez

Sonora

Sonora

Sonora

Chus Pato

As bruxas

Autor/a : Roald Dahl
Traductor/a : Xela Arias
Ilustrador/a : Quentin Blake

As Bruxas de Roald Dahl narra a historia dun rapaz e maila súa avoa que se enfrontan á terrible Asociación de Bruxas de Inglaterra, mentres estas, baixo a aparencia de mulleres correntes celebran a súa convención anual nun hotel.

Partilla este libro

Sinopse

As Bruxas de Roald Dahl narra a historia dun rapaz e maila súa avoa que se enfrontan á terrible Asociación de Bruxas de Inglaterra, mentres estas, baixo a aparencia de mulleres correntes celebran a súa convención anual nun hotel... Ninguén cre nas bruxas, pero haber hainas. E estas das que fala Roald Dahl posuén podeorosísimos nenicidas. Os nenos para unha bruxa son sucios e fedorentos, o inimigo que hai que exterminar... E non son esas vellas feísimas de voz renxente, traxes negros, sombreiros picudos e vasoiras aerodinámicas. Non. Aquí fálase das bruxas verdadeiras, das que fan traballos normais, levan unha vida normal e adoitan levar luvas porque, na realidade, teñen gadoupas por mans, pés cadrados sen dedas, e utilizan caramelos e chocolates como engado para destruír nenos. As bruxas é un libro onde o lector atopará moito humor e disfrutará coa maneira sinxela e trepidante coa que o autor mantén a súa atención. Unha historia contada en frases curtas e secuencias claras onde a acción, de golpe, envolve todo o discurso narrativo. Unha voráxine de situacións, de anécdotas, de aventuras que non dan tregua ao lector ata o seu remate.

  • Colección

    De 11 anos en diante

  • Código

    1343130

  • I.S.B.N.

    978-84-9782-499-6

  • Publicación

    27/11/2006

  • Clasificación IBIC

    YFH

  • Formato

    Papel

  • Páxinas

    256

  • Tamaño

    19 x 13.5 cm

Libros de Roald Dahl

De 11 anos en diante

Danny, o campión do mundo

Danny, o campión do mundo

De 11 anos en diante

Charlie e o grande ascensor de cristal

Charlie e o grande ascensor de cristal

De 11 anos en diante

Charlie e a fábrica de chocolate

Charlie e a fábrica de chocolate

Sobre a colección De 11 anos en diante