Recén chegados

Varetai. Protectora de espíritos

Varetai. Protectora de espíritos

Varetai. Protectora de espíritos

Alba De Evan Freijedo

Sete dentes de león

Sete dentes de león

Sete dentes de león

Ledicia Costas

Dicionario visual

Autor/a : Varios Autores
Traductor/a : Anaír Rodríguez Rodríguez
Ilustrador/a : Josep Vicó

Un dicionario cheo de imaxes a toda cor que representan escenas da vida cotiá. Organizado en dobres páxinas e a grande formato, preséntase situacións arredor da familia, a casa e o xardín, o salón, o dormitorio, o baño, a cociña, o supermercado, a festa de aniversario, a aula, a visita ao médico, o parque, a granxa, a praia, o zoo, a cidade, o corpo humano, os oficios, os contrarios, as cores, as formas, o alfabeto, os número, as horas e os instrumentos musicais.

Partilla este libro

facebook twitter

Sinopse

Un dicionario cheo de imaxes a toda cor que representan escenas da vida cotiá. Organizado en dobres páxinas e a grande formato, preséntase situacións arredor da familia, a casa e o xardín, o salón, o dormitorio, o baño, a cociña, o supermercado, a festa de aniversario, a aula, a visita ao médico, o parque, a granxa, a praia, o zoo, a cidade, o corpo humano, os oficios, os contrarios, as cores, as formas, o alfabeto, os número, as horas e os instrumentos musicais. Cada unha das láminas, reproduce nas dúas marxes debuxos dos obxectos máis representativos que aparecen acompañados de cadanseu nome. O presente "Dicionario visual", editado por Xerais e debuxado por Josep Vicó, mediante a relación entre as imaxes e a súa representación gráfica, posibíltalles aos máis pequenos a aprendizaxe do vocabulario básico. Grazas ao binomio imaxe-palabra, a fixación dos conceptos na mente dos nenos que se atopan nas primeiras fases da aprendizaxe da lectura faise máis doada e pracenteira. A riqueza das situacións que se representan nas escenas -protagonizadas polos membros da familia- fai que o "Dicionario visual"sexa especialmente recomendable para a estimulación da expresión oral dos cativos, xa que dá pé a conversar sobre as accións, o vocabulario, as calidades, etc. O traballo das láminas está pensado para que haxa unha interacción enre as persoas adultas e os nenos e nenas. Entre outras posibilidades didácticas, pódese xogar a atopar os elementos das marxes no contexto da lámina. Hai uns poucos casos nos cales o obxecto, se ben pertence ao campo léxico que se traballa, non aparece na escena. As devanditas palabras levan un asterisco para advertilo. Ademais, a todo isto engádese o incentivo de descubrir un personaxe agochado en todas as láminas a grandes. Con esta vertente lúdica preténdese contribuír a desenvolver a agudeza visual dos pequenos.

  • Colección

    DICIONARIOS

  • Código

    1336016

  • I.S.B.N.

    978-84-9782-329-6

  • Publicación

    07/09/2005

  • Clasificación IBIC

    CBD

  • Formato

    Papel

  • Páxinas

    48

  • Tamaño

    30.8 x 23.7 cm

Libros de Varios Autores

Redes

Alguén nos lembrará

Alguén nos lembrará

Narrativa

Miño

Miño

Sobre a colección DICIONARIOS