Luís Manuel García Mañá, actual Xefe Superior de Policía de Galicia, ofrece neste fermoso libro, ilustrado coas fotografías de Xurxo Lobato, a radiografía exacta e documentadísima do Couto Mixto, un territorio peculiar, situado na raia seca existente entre Galicia e Portugal, que mantivo ata 1862 unha singularidade político-administrativa, chegando a constituír un enclave independente e gozando os seus habitantes de privilexios por esta condición.
Partilla este libro
Sinopse
Luís Manuel García Mañá, actual Xefe Superior de Policía de Galicia, ofrece neste fermoso libro, ilustrado coas fotografías de Xurxo Lobato, a radiografía exacta e documentadísima do Couto Mixto, un territorio peculiar, situado na raia seca existente entre Galicia e Portugal, que mantivo ata 1862 unha singularidade político-administrativa, chegando a constituír un enclave independente e gozando os seus habitantes de privilexios por esta condición. Efectivamente, esta república esquecida de natureza políti-co-administrativa complexa estivo xeograficamente enclavada nas parroquias galegas de Santiago de Rubiás do concello de Calvos de Randín e de San Andrés Meuaus do concello de Baltar, mais vinculada historicamente a Portugal e España, a través de certa dependencia nobiliaria dos señoríos das Casas de Bragança e do Conde de Monterrei. No presente volume, Luís M. García Mañá, despois dunha docu-mentadísima esculca, debulla aspectos como a orixe, evolución e notas históricas deste territorio; re-flexiona sobre o carácter independente que chegou a ter o Couto Mixto; expón os privilexios dos habi-tantes do Couto (persoais, políticos, fiscais, administrativos, económicos e comerciais); rematando con referencias á extinción do Couto, tras o tratado de Lisboa de 1864, e a súa situación actual. Pola súa banda, Xurxo Lobato, ofrece unha coidadísima reportaxe, constituída por máis de medio cento de fotos, sobre o espazo e as xentes que habitan hoxe este territorio.
Colección
Libros con xeito
Código
1399066
I.S.B.N.
978-84-9782-325-8
Publicación
02/11/2005
Clasificación IBIC
DNF
Formato
Papel
Páxinas
200
Tamaño
28 x 21.2 cm
Autor
Luís Manuel García Mañá
LUÍS MANUEL GARCÍA MAÑÁ (Ourense, 1950), licenciado en Dereito, exerceu a responsabilidade de Comisario Principal, Xefe Superior de Policía de Galicia. Académico correspondente da Real Academia Galega, membro numerario do Instituto de Estudios Vigueses, da Fundación Premios da Crítica Galicia, do Padroado da Fundación Otero Perayo, do PEN Club de Galicia, fillo adoptivo de Calvos de Randín, a súa produción editorial como ensaísta tense centrado en temas relacionados coa Historia e o Dereito: "De los corregidores a los gobernadores civiles de Ourense" (1986), "La frontera hispano-lusa en la provincia de Ourense" (1988), "Miño: ¿Existiu unha fronteira?" (1993), "As primeiras boticas de Vigo e a arte do oficio" (1998). Quizais a súa contribución máis salientable á historiografía galega sexa o rescate da institución do Couto Mixto, pequena república que existiu entre Galicia e Tras-os-Montes ata o tratado de Lisboa de 1864, recollida no seu libro "Couto Mixto, unha república esquecida" (Xerais 2005). Como narrador, é autor das seguintes novelas: "As plumas do moucho" (1999); "O lume de Santo Antón" (Xerais, 1997), traducida ao castelán por Alianza editorial (2002); "Menino morreu" (Xerais, 2003), "O grito do Ipiranga (Xerais 2010), pertencentes á serie da que é protagonista o investigador decimonónico Nemesio Castro; "Por que as sombras non teñen ollos" (Xerais 2015) e "Non fales o que non debes" (Xerais, 2020).