Número de libros encontrados: 13
Antoloxía do Rexurdimento (1853-1916)
O Rexurdimento representa un período brillante e inaugural da literatura galega. Esta «Antoloxía do Rexurdimento», preparada por Ramón Nicolás, sintetiza á perfección o espírito e as voces dese momento crucial...
Francisco Fernández del Riego
Unha biografía divulgativa sobre Francisco Fernández del Riego, autor das Letras Galegas 2023. Un libro para entender que sucedeu no galeguismo e na cultura galega do século XX...
Dicionario da nova literatura galega
Este Dicionario da nova literatura comezou a fraguarse a finais da década dos anos sesenta do pasado século a través dunha enquisa que o profesor Xesús Alonso Montero deu en distribuír entre as persoas do mundo literario galego que non tivesen obra publicada antes do ano 1936...
Longa noite de pedra
Longa noite de pedra (1962) é unha das obras claves para entender a nosa literatura contemporánea: libro emblemático e referencia obrigada de toda unha época e de hoxe...
Lapis na noite
"Lapis na noite" bebe no pozo da memoria de Galicia e Arxentina para percorrer épocas convulsas en que as ditaduras aniquilan as ilusións de liberdade, aquén e alén do océano...
O espello do mundo
Martiño recibe o encargo de desentrañar os contidos duns documentos de moita antigüidade que teñen que ver co devir histórico dun convento de monxas denominadas «onas»...
Non debían medrar
Non debían medrar publicouse hai máis de corenta anos. Desde aquela ata esta edición conmemorativa do centenario do nacemento de Lueiro Rey, forma parte deses libros que non perden brillantez, interese nin atractivo malia o paso dos anos...
Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro
Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro é unha biografía monumental, un libro que realiza un percorrido vital pola traxectoria persoal e literaria dun autor de referencia da literatura galega e que ve a luz cando se celebra o centenario do seu nacemento e os cincuenta anos da publicación de Longa noite de pedra...
Conversas con Celso Emilio Ferreiro
A través de Conversas con Celso Emilio Ferreiro mergullámonos na significativa personalidade dun dos grandes escritores da literatura galega. Da man de Ramón Nicolás, biógrafo e editor da súa obra literaria, rescátase a voz e a palabra do autor celanovés, cando se cumpren trinta anos do seu pasamento, para dar conta da súa opinión política e literaria e para introducirnos no "universo Celso Emilio", que en boa medida goza de plena actualidade e validez...
Poesía galega completa
Poesía galega completa reúne toda a obra poética en galego de Celso Emilio Ferreiro, reproducida dun xeito fiel nesta coidadosa edición a cargo do crítico Ramón Nicolás, desde os primeiros versos de Cartafol de poesía ata o seu derradeiro e póstumo Libro dos Homenaxes, pasando por poemarios clásicos da nosa literatura que reafirman os logros estéticos de Celso Emilio: O soño sulagado, Longa noite de pedra, Viaxe ao País dos Ananos ou Onde o mundo se chama Celanova...
Derradeira escolma ferida
Derradeira escolma ferida (de onte, de hoxe, de mañán) supón a derradeira achega poética do prolífico e comprometido narrador e xornalista Manuel Lueiro Rey (Fornelos de Montes, 1916 - 0 Grove, 1990)...