Número de libros encontrados: 11
Esta é a miña historia e terás que crela
Esta é a historia de Carola, unha nena cunha grande imaxinación e unha habilidade aínda máis grande para «adaptar a realidade» ao seu favor. Ou dito doutro xeito: para mentir...
O misterio das zocas
María, Frida, Nursa e Xeria, as catro músicas ambulantes que cantan en feiras, festas e romarías, vense implicadas nun estraño misterio. Unhas zocas moi noviñas, penduradas no alto das árbores, semellan querer avisalas de algo importante...
Analfabeta
Teño cinco anos e xa sei ler e escribir. A maioría dos meus compañeiros ten seis e non len nin escriben tan ben coma min. Mesmo hai un neno que apenas le e só escribe o seu nome...
Eu tamén fun pequena
Todas as noites, antes de durmir, a avoa Concha cóntalles ás súas netas lembranzas da infancia nos anos cincuenta na aldea de Lires, que contrastan coa forma de vida actual: fálalles do mundo rural da época, da nula presenza da tecnoloxía ou das escasas infraestruturas...
As músicas viaxeiras
En tempos remotos, as princesas vivían fechadas en torres mentres agardaban a chegada de príncipes con sangue azul. As pandeireteiras, pola contra, tiñan que buscar a vida polos camiños...
Unha fábrica de bicos
A Mindi non lle gustan os bicos. Nin sequera un pouco, a pesar de recibilos. Esa pode ser a razón de que non os dea. Quizais si ou quizais non. Pódese aprender a dar bicos? Existe unha máquina que os fabrica dentro de nós e os fai saír a través dos beizos? Como e cando se pon a funcionar?
Vinte mil leguas baixo dos mares
O profesor de Historia Natural Pierre Aronnax, o seu axudante Conseil e o experto arpoador canadense Ned Land embarcan nunha viaxe fantástica, a bordo da fragata Abraham Lincoln, na procura dun misterioso monstro mariño...
O día que choveu do revés
O sol secábao todo coa súa calor abrasadora, e as nubes non facían máis que matarse a regar os campos para que medrasen as verzas e o millo, e para que as herbas fosen verdes...
Nena e o mar
Porto Balea é unha vila mariñeira na que todos os seus anciáns habitantes perderon a esperanza. Só Otto, o último home novo da vila, segue a saír ao mar a diario mentres deixa a Nena, a súa filla e orfa de nai, ao coidado dos habitantes da vila acantilada...