Número de libros encontrados: 28
A casa do amo
A finais dos anos setenta, a escritora feminista negra lesbiana estadounidense Audre Lorde resumía a súa crítica ao feminismo branco coa famosa frase: «As ferramentas do amo nunca desmantelarán a casa do amo»...
Furia
Tras a morte da súa nai, Cecilia, unha adolescente de dezaseis anos, non sabe como convivir coa dor. Por se non fose pouco, unha pandemia, un cambio de casa, a precariedade e a incomunicación coa súa tía avoa énchena de rabia ante o mundo que a rodea...
Multitudes
Entre o desastre e a esperanza, os seres completos -parte humana e parte árbore- e as súas aliadas tentan cambiar o rumbo dun destino que, tras a Gran Desconexión, parecía de novo encamiñado á escravitude e á explotación...
Unha voz, moitas voces. Xela Arias tradutora
Como tradutora, Xela Arias é unha voz e moitas voces. Non só porque usase a súa escrita para facer falar a outras, senón porque do seu traballo tradutor tamén se desprende unha ampla polifonía...
Bárbaras!
Por incrible que pareza, falar da menstruación segue sendo complicado e mesmo controvertido. Un proceso corporal e cultural que afecta nalgún momento da vida a máis da metade da poboación humana non debería ser un tema fundamental de reflexión? Cun enfoque desenfadado e co obxectivo de facernos reflexionar, Bárbaras! utiliza a menstruación como vía de entrada para achegarnos unha gran diversidade de temas: os corpos, o sexismo, a ecoloxía, o racismo, a transfobia...
Cobiza
Esta apaixonante novela de ciencia ficción feminista foi merecedora do I Premio Pinto e Maragota á diversidade sexual e de xénero organizado polo Concello de Pontevedra e Xerais...
A semente, a árbore, a froita
É difícil que haxa alguén que non escoitase falar nos últimos tempos do "efecto Pontón". En boa medida, o efecto explícase pola chegada ao liderado do BNG dunha muller nova, con moitos anos de dedicación política ás súas costas, que levou o partido a experimentar unha importante recuperación cun discurso renovado...
As estacións do lobo
É inverno, a neve cae sobre Múnic e Clara atópase perdida. Sen comprender moi ben como, errou o camiño que a levaba a converterse nunha brillante adestradora canina no seu Lugo natal e rematou alá, nun banco conxelado do Englischer Garten...
Fóra do normal
André, igual ca os heroes da Banda Deseñada como Superman, Batman e A muller marabilla que tanto admira, vive en conflito co seu corpo e coa súa identidade...
Galicia en bus
"Galicia en bus" é un libro de poemas que traza un percorrido íntimo e, ao tempo, social e colectivo, desde unha perspectiva feminista, articulando un mapa cartográfico que funde o territorial coas lembranzas persoais e o propio corpo...
As cousas que non queremos oír
A Aurora gústalle correr. Se cadra é por iso que foxe con facilidade de tomar decisións e busca acubillo no sarcasmo contido. Dende que por fin puido regresar da Vilalba dos seus pais á Barcelona da súa infancia, o peso da orixe abre nela fendas que non sabe como xestionar...
Corredora
Genet Mullugueta naceu nunha aldea de North Wolloh en Etiopía. Dende noviña o que máis lle gustaba era correr e correr polo ventre da montaña. Mais a fame, a guerra e a figura do pai obrígana a acompañar a súa nai e a pedir esmola polas rúas inseguras e caóticas de Addis Abeba...
A dúbida
Unha muller é sorprendida pola chegada da policía á súa casa para deter o seu home, un político, por un presunto delito de abusos sexuais de menores...
A música dos seres vivos
Todo o mundo semella coñecer a MK, a cantante de moda cunha carreira xa prolongada no tempo, a voz prodixiosa, e a súa excéntrica moza, Gaia. Mais, quen é MK? Que acontece antes de saír ao escenario? Que é o que fica cando as luces esmorecen? Cando remata a última xira? No intre en que pechan os micros das roldas de prensa? Se cadra o silencio é preciso para o reencontro cunha mesma...
Dende o conflito
Saínza Combarro, unha xornalista galega que cobre conflitos bélicos para a BBC, vive en carne propia o dilema de optar polo cinismo e a resignación á hora de relatar o que ve cos seus propios ollos ou optar por defender a verdade íntima de quen é testemuña dos feitos máis arrepiantes...